O Carreiro, San Vicente do Grove, O Grove

lugar da parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove

O Carreiro é un lugar da parroquia de San Vicente do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña unha poboación censada de 4 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, unha muller e tres homes, o que representa un aumento en relación ós anos 2010 e 2004, cando tiña un único habitante censado.

O Carreiro

Escavación de Adro Vello
ParroquiaSan Vicente do Grove
ConcelloO Grove
Coordenadas42°28′40″N 8°56′00″O / 42.47788889, -8.93340278
Poboación4 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Historia e patrimonio

editar

Neste lugar asentábase o antigo núcleo de San Vicente, coa igrexa do mesmo nome, mencionada xa en 1688 e construída á beira da praia do Carreiro sobre unha igrexa visigótica anterior, da que quedan os restos no sitio arqueolóxico de Adro Vello. Un século despois, en 1770, foi trasladada ó interior, probablemente porque a erosión do mar ameazaba a estabilidade da primitiva igrexa.

Cómpre destacar a presenza do principal sitio arqueolóxico do concello, Adro Vello, no que se descubriron enterramentos e cubas de salga de peixe da época romana. Tamén existen no lugar, cara o oeste, os restos dun castro que deu lugar ó microtopónimo O Castriño.

Outra mostra da arquitectura industrial histórica neste lugar son os restos de dúas antigas fábricas de salga, hoxe de propiedade particular e non visitables.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Vicente do Grove

editar
Lugares da parroquia de San Vicente do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra)

A Area | Balea | Balea Marítima | Cacheirás | Os Campos | O Carreiro | Carríns | Os Coupríns | A Fonte | A Gandariña | A Granxa | A Igrexa | A Lanzada | Montemar | O Outeiro | Pedras Negras | Pereiriña | Quinteiros | Reboredo | San Vicente do Mar | Tempráns | A Torre

Parroquias do Grove

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove

O Grove (San Martiño) | San Vicente do Grove (San Vicente)