O Briño, Borneiro, Cabana de Bergantiños
lugar da parroquia de Borneiro, no concello de Cabana de Bergantiños
O Briño é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 66 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 31 eran homes e 35 mulleres.
O Briño | |
---|---|
Capela das Virtudes e do Carme. | |
Parroquia | Borneiro |
Concello | Cabana de Bergantiños |
Coordenadas | 43°10′51″N 8°57′46″O / 43.180833333333, -8.9627777777778 |
Poboación | 66 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar atópase a capela das Virtudes e do Carme, que data do século XVI, xunto a unha carballeira centenaria que é onde se fai a festa do Carme do Briño o 18 de xullo. Ademais, xunto á capela atópase un cruceiro, que, segundo a inscrición, data do ano 1622.
Lugares e parroquias
editarLugares de Borneiro
editarLugares da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños | |
---|---|
Borneiro | O Briño | Dombate | A Fontefría | A Gándara | A Regueira | Vilaseco | Vista Alegre |