Cesullas, Cabana de Bergantiños
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Santo Estevo de Cesullas[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1 325 habitantes (687 mulleres e 638 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.566 habitantes.
Cesullas | |
---|---|
Igrexa parroquial de Cesullas. | |
Concello | Cabana de Bergantiños[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°12′39″N 8°55′06″O / 43.21083333, -8.91833333 |
Poboación | 1 325 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 33[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarA parroquia está bañada na cara norte polo río Anllóns que a separa do concello de Ponteceso. Os cumios máis destacables son o monte Cundíns (206 metros) e o monte Vilariño (155 metros).
Patrimonio
editarA igrexa parroquial[1] data do século XVII, época da cal se conserva a capela lateral sur, sendo a capela maior, nave, fachada e a espadana do século XVIII. A nave e a capela maior son rectangulares, e a fachada pentagonal. Enriba da porta principal hai unha imaxe en pedra de Santo Estevo, enmarcado lateralmente por volutas.
A ermida de San Fins[1] destaca por estar orientada cara ó leste. Ten ábsida e nave rectangulares. No lado sur da ábsida ten un pórtico lateral acaroado para a celebración das misas o día da romaría. Na fachada pentagonal hai unha celosía de pedra, quizais prerrománica. Nesta capela celébrase a romaría de San Fins do Castro.
A Ermida de Nosa Señora das Neves[1] ten un adro triangular, cunha fachada pentagonal. A espadana está sen campás.
O cruceiro do Sacramento[1] é de granito. A plataforma é cuadrangular con tres graos. O pedestal é cuadrangular e remata en chafráns. Ten mesa acaroada na que aparece unha lápida de granito con dous anxos nos laterais do relevo e unha custodia no centro. O varal é octogonal con chafráns. O capitel é cuadrangular moldurado. A cruz é cuadrangular con brazos achafranados, remates en punta de diamante e imaxes polas súas catro caras. No anverso está Xesucristo, cos pés pousados sobre unha caveira e tibias, aparece crucificado con tres cravos, inclina a cabeza cara á dereita, ten as mans abertas, carece de coroa, ten pelo trenzado, o paso da pureza aparece anoado á dereita e arriba está a cartela de INRI. No reverso, a Virxe enriba dunha peaña aparece en actitude de orar cos dedos entrelazados. Nos laterais, obsérvase unha imaxe feminina orando con rosario e un San Francisco.
Festas
editarAs festas máis importantes desta parroquia son:
- Romaría de San Fins do Castro, 1 e 2 de agosto, adicada á Virxe das Milagres.
- O Carme de Neaño, celebrada a primeira fin de semana de xullo.
- O Carme de Cesullas, celebrada o 10 de agosto.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños.
-
Capela de San Fins.
-
Igrexa parroquial.
-
Cruceiro do Sacramento.
-
Lugar de Cabana
Lugares e parroquias
editarLugares de Cesullas
editarLugares da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños | |
---|---|
A Áspera | A Balsa | O Bosque | O Bronllo | O Burgo | O Buzaco | Cabana | A Carballa | O Carballal | A Cruz | Esmorís | O Esqueiro | Exipto | Fontenla | A Forca do Lobo | A Igrexa | A Meixoada | O Muíño | Neaño | A Outra Banda | A Pedra Cuca | O Penedo | O Picón | Ponteceso de Cabana | Rebordelo | As Rebuiras | As Redondas | O Reguengo | As Salgueiras | San Fins | O Seixoso | Ternande | O Valado |
Parroquias de Cabana de Bergantiños
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Parroquia de san Estevo de Cesullas. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2003.
- Ruta polas parroquias cabanesas de Borneiro, Canduas e Cesullas. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2013.