A Nube Kinto (筋斗雲 Kinto'un?), é un obxecto máxico da serie de manga e anime Dragon Ball. É unha sinxela nube de cor amarela que serve como medio de transporte para aquel que poida empregala, xa que ten como requisito que só pode ser usada por unha persoa de corazón puro, quen non cumpra o requisito pasará a través dela como se fose unha nube normal, e o único xeito é que viaxe agarrado dunha persoa que si a poida empregar. A esta nube pódeselle chamar dende calquera espazo aberto, e esta pode levar ó seu viaxeiro a calquera lugar, salvo que este se atope máis arriba que a Torre de Karín.

Historia editar

A nube aparece por primeira vez cando o Mestre Mutenroi lla regala a Son Goku por salvar a súa Tartaruga. O Mestre dixo que a nube fóra un agasallo do mesmo Kamisama, aínda que en realidade foi Karín quen lla deu.

Durante a 21ª edición do Torneo das Artes Marciais, a nube salvou a Goku de caer fóra do tatami tras ser botado polo monstro Xirán. Aínda que os xuíces do Torneo non o consideraron unha falta, xa que non se especificaba nas regras, decidiron que o xusto era que non a puidese volver empregar.

En Dragon Ball Z, foi utilizada polos fillos de Son Goku: Son Gohanda e Son Goten. Ó final da edición Kanzenban de Dragon Ball, Goku dálle a Nube Kinto a Oob.

Nube Kinto Negra editar

No anime, cando Tou Pai Pai sobe á torre de Karín, este, para vingarse, dálle unha Nube Kinto negra, o contrario da outra. Só poden subir as persoas verdadeiramente malvadas. Pero esta estaba en realidade controlada por Karín e cando Tao Pai Pai montou nela deixouno caer ó chan.

No videoxogo Dragon Ball Advance Adventure, Krilín emprega a Nube Kinto negra para voar.

Outros medios editar

  • En Cross Epoch a nube Kinto aparece chamada por Goku para impedir que "Luffy" caia á auga.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar