Nova Esquerra Catalana

Nova Esquerra Catalana (NECat, en galego: Nova Esquerda Catalá) é un partido político de ideoloxía socialdemócrata e independentista catalán. Fundouse o 15 de decembro de 2012 en Sitges baixo o impulso de Ernest Maragall, ex-dirixente do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).

Nova Esquerra Catalana
Dirixentes e organización
LíderErnest Maragall
Historia
Fundación15 de decembro de 2012
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia, independentismo catalán
Outros datos
Na rede
novaesquerracatalana.cat

Presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya e Catalunya Sí, baixo o nome de L'Esquerra pel Dret a Decidir.[1] A coalición obtivo dous escanos, entre eles Ernest Maragall, que ocupaba o segundo posto na lista electoral.

O 28 de agosto de 2014 houbo un encontro en Palamós organizado por Nova Esquerra Catalana e Avancem para iniciar o curso político en Cataluña. Naquela ocasión, as dúas organizacións manifestaron a vontade de confluír nunha nova organización antes de finais do 2014.[2]

O 22 de novembro de 2014 presentou a súa confluencia con Moviment Catalunya para crear unha nova candidatura definida como socialista, catalanista e soberanista. O 30 de novembro anúnciase a fusión baixo a denominación Moviment d'Esquerres (MES).[3]

Notas editar

  1. 324.cat, ed. (3 de abril de 2014). "O ex-conselleiro socialista Ernest Maragall será o número dous de ERC nas europeas de maio". Consultado o 24/11/2014. 
  2. DiarideGirona.cat, ed. (28 de agosto de 2014). "NeCat e Avancem dan comezo ao proceso de confluencia". Consultado o 1/9/2014. 
  3. 324.cat, ed. (30 de novembro de 2014). "Os críticos do PSC, o partit de Ernest Maragall e Moviment Catalunya presentan MES, un novo partido de esquerdas". Consultado o 30/11/2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar