Nosopai

O Nosopai, en galego, no patio da Igrexa do Pater Noster en Xerusalén.

O nosopai[1] (tamén coñecido pola súa forma latina paternóster) é a máis coñecida oración do cristianismo. Segundo o Novo Testamento déullela Xesús aos apóstolos despois de que estes lle pedisen que lles aprendese a orar.

A oración atópase no Evanxeo de Mateo (6:9-13), onde aparece como parte do Sermón da Montaña. Unha oración semellante aparece no Evanxeo de Lucas 11:2-4.

Aínda que a oración orixinal era en arameo, o texto máis antigo que se conserva está en grego. No cristianismo occidental rezouse en latín durante moitos séculos.

Versión da Igrexa CatólicaEditar

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nosopai.