Nora Stanton Barney

Nora Stanton Blatch Barney, nada en Basingstoke (Inglaterra) o 30 de setembro de 1883 e finada en Greenwich (Connecticut) o 18 de xaneiro de 1971, foi unha enxeñeira civil, arquitecta e activista feminista estadounidense.[1][2][3]

Nora Stanton Barney
Nora Stanton Blatch Barney 1921.jpg
Nome completoNora Stanton Blatch
Nacemento30 de setembro de 1883
 Basingstoke
Falecemento18 de xaneiro de 1971
 Greenwich
NacionalidadeModelo:GBRn
Alma máterUniversidade Cornell e Cornell University College of Engineering
Ocupaciónarquitecta, enxeñeira, sufraxista, enxeñeira civil e suffragette
NaiHarriot Eaton Stanton Blatch
CónxuxeLee De Forest e Morgan Barney
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era filla de William Blatch e Harriot Eaton Stanton, e neta de Elizabeth Cady Stanton, pioneira do movemento sufraxista en EE.UU.

Foi unha das primeiras mulleres que obtivo o título de enxeñeira nos Estados Unidos.[4] Diplomada pola universidade Cornell en 1905 e aceptada na American Society of Civil Engineers (ASCE) no mesmo ano sendo a primeira muller que ingresou. Porén, negóuselle o ascenso a membro asociado en 1916 sólo por ser muller. En 2015, foi ascendida postumamente á esta categoría da ASCE.[5]

Traballou como enxeñeira asistente na Radley Steel Construction Company (1909–1912)  e na Comisión de Servizo Público de Nova York a partir de 1912. Tamén traballou para a Administración de Obras Públicas en Connecticut e Rhode Island como arquitecta, inspectora de enxeñaría e deseñadora de aceiro estrutural.[6]

Seguindo o exemplo da súa avoa e da súa nai, Nora tamén participou no movemento sufraxista e sucedeu a súa nai na presidencia da Women’s Political Union en 1915.

Vida persoalEditar

En 1908, Nora casou co inventor Lee de Forest[7] e foi a responsable da xestión de varias empresas que fundou para promover os seus inventos e a nova tecnoloxía da radio. A parella pasou a súa lúa de mel en Europa anunciando o equipo de radio que desenvolveu. Non obstante, a parella rompeu un ano despois, en gran parte por mor da insistencia de Forest de deixar a profesión e converterse en ama de casa. Pouco despois, deu a luz á súa filla Harriot en 1909.[8]

En 1919, Nora casou con Morgan Barney, un arquitecto naval.[7] A filla da parella, Rhoda Barney Jenkins, naceu o 12 de xullo de 1920, en Nova York, tamén arquitecta e activista feminista. Nora foi moi activa nos movementos feministas e pacifistas e en 1944 foi a autora de World Peace Through a Peoples Parliament[1] (en galego, Paz Mundial a través dun parlamento popular).

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Bois, Danuta (1999). "Nora Stanton Blatch Barney". distinguishedwomen.com (en inglés). Consultado o 9-3-2020. 
  2. "Nora Stanton Blatch, ingeniera civil". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-09-30. Consultado o 2020-04-11. 
  3. Cecilia, Montse (2019-09-26). "Nora Stanton Blatch Barney, la ingieniera sufragista" (en castelán). Consultado o 2020-04-11. 
  4. "Pioneering women in STEM". Consultado o 19 agosto 2010. 
  5. Walpole, Ben (28-8-2015). "ASCE Recognizes Stanton Blatch Barney; Pioneering Civil Engineer, Suffragist". news.asce.org (en inglés). Consultado o 19 agosto 2019. 
  6. "Las ‘tesas’ de ‘El club de los tesos’". Consultado o 19-2-2020. 
  7. 7,0 7,1 "Mrs. Nora S. Barney, Architect, 87, Dies". nytimes.com (en inglés). 20-1-1971. Consultado o 9-3-2020. 
  8. "Nora Stanton Blatch". Engineering and Technology History Wiki (en inglés). Consultado o 19 agosto 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar