Noli me tangere é unha locución latina que significa literalmente 'non me toques' ou 'non me queiras tocar'. Estas palabras díxollas Xesucristo a María Madalena despois da súa resurrección. A cita corresponde ao versículo 17 do capítulo 20[1] do Evanxeo de Xoán. A expresión orixinal en grego (Μή μου ἅπτου) suxire unha acción que continúa no tempo, por iso a tradución máis axeitada sería: "non me reteñas".

Noli me Tangere por Antonio Allegri da Correggio, c. 1534.

Ademais, Noli me tangere é un dos cadros máis coñecidos do pintor italiano Antonio Allegri da Correggio. Está realizado en óleo sobre unha táboa; foi pintado cara ao 1518 e foille regalado a Filipe IV de España polo príncipe Ludovisi. Actualmente encóntrase no Museo do Prado en Madrid. Este episodio da Resurreción de Xesús foi un tema recorrente na iconografía tardomedieval e no Renacemento. Ademais inspirou a varios pintores, entre eles Duccio di Buoninsegna ou Paolo Veronese en Italia e Hans Memling ou Hans Holbein na área flamenga e alemá. A pintura de Correggio foi famosa dende a súa chegada a España, e Alonso Cano realizou unha interpretación libre da mesma que se conserva actualmente no Museo de Belas Artes de Budapest.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar