Hans Memling
Hans Memling foi un pintor nado na Alemaña, en Seligenstadt entre 1435 e 1440. Estabelecido en Flandres, onde morreu na cidade de Bruxas en 1494, considérase un pintor flamengo.
Hans Memling | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1435 |
Lugar de nacemento | Seligenstadt e Maguncia |
Falecemento | 11 de agosto de 1494 |
Lugar de falecemento | Bruxas |
Soterrado | Sint-Gilliskerk Brugge |
Nacionalidade | Países Baixos do Sur e Alemaña |
Ocupación | pintor e artista |
Coñecido por | Retábulo de São João, Advento e Triunfo de Cristo, O Juízo Final, Greverade Triptych, Diptych of Maarten Nieuwenhove, Bembo diptych, Tommaso di Folco Portinari (1428–1501); Maria Portinari (Maria Maddalena Baroncelli, born 1456), Master of the Prado Adoration of the Magi, Portrait of a Man, Portrait of an old man, Retrato de um homem., Retrato de mulher idosa., The Canon Gilles Joye, Portrait of Jacob Obrecht, Retrat d'un home amb un barret vermell, Diptych with two donors, Díptico de um casal idoso, Christ with singing and music-making Angels, Cenas da Paixão de Cristo, Triptych of the Rest on the Flight into Egypt, Tríptico de Jan Crabbe, Tríptico da Adoración dos Magos, Tríptico Donne, Moreel Triptych, Virgin and Child with St Anthony the Abbot and a Donor e Madonna of Jacob Floreins |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Pintor de grande reputación en vida, tanto en Bruxas como en Italia, en Alemaña ou en Inglaterra, logo esquecido inxustamente durante varios séculos, Hans Memling foi redescuberto a comezos do século XIX polos alemáns, especialmente por Schlegel. Prezado pola masa e mal estimado polos historiadores da arte, ocupa hoxe un lugar especial entre os primitivos flamengos. Herdeiro de Rogier van der Weyden, encarna un xuste medio en valoración, unha sorte de clasicismo que conmove pola súa sinxeleza e finura. A súa arte salienta en dous dominios: a serenidade e a suavidade. É a serenidade da súa concepción artística o que de primeiras chama a atención, cando un considera os seus cadros máis auténticos: "A Virxe entre santos" e a "Adoración dos Reis Magos" ambos os dous custodiados no Hospital de San Xoán (Johannishospital), en Bruxas.
ObrasEditar
- O Xuízo Final (1467-1471), Museo Nacional (Muzeum Narodowe), Gdánsk,
- O Johannishospital posúe os traballos principais do artista en Bruxas:
- Vodas de santa Catarina, retablo (1479),
- Adoración dos Reis Magos (1479),
- Retrato de María Moreel, como Sibylla persica (1480),
- Virxe e Neno co doador Martin van Nieuwenhoven (1487)
- O relicario de santa Úrsula con 6 episodios da lenda das 11.000 virxes (1489).
- No Groeningemuseum de Bruxas: tríptico cos santos Cristovo, Mauricio, Eloi, e o doador, o burgomestre Moreel e a súa familia
- Na Galería dos Reis de Turín: cadro da Paixón de Cristo,
- Na Alte Pinakothek de Múnic Os sete gozos de María,
- Na catedral Lübeck, retablo de 1491, con Cristo na cruz.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans Memling |