Alonso Cano
Alonso Cano, nado en Granada o 19 de febreiro de 1601 e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1667, foi un pintor, arquitecto e escultor español.
Nome orixinal | (es) Alonso Cano de Almansa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de marzo de 1601 Granada, España |
Morte | 3 de setembro de 1667 (66 anos) Granada, España |
Lugar de sepultura | Granada, Caribe |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Granada Sevilla Málaga Madrid Valencia |
Ocupación | pintor, debuxante arquitectónico, arquitecto, escultor, artista visual |
Movemento | Barroco |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Cano, Alonzo |
Biografía
editarO seu pai, Miguel Cano, era un prestixioso ensamblador de retablos, de orixe manchega. Con el Alonso aprendeu as primeiras nocións de debuxo arquitectónico e de talla en madeira, comezándose moi cedo a descubrirse o seu enorme talento.
En 1614 trasladouse a Sevilla, onde aprendeu pintura da man de Francisco Pacheco, mestre de Velázquez, e escultura de Juan Martínez Montañés. En 1624, dous anos antes de obter o título de Mestre Pintor, realizou o seu primeiro cadro, un San Francisco de Borxa, coa inconfundíbel pegada de Pacheco. Durante varios anos foi compañeiro de Velázquez, que fixo un seu retrato.
As súas obras foron unha mestura entre o maneirismo italiano e o barroco. Os seus debuxos son do máis destacado da súa obra. Nunha época na que dominaba o tenebrismo, foi quen de ser colorista nos seus traballos, como Zurbarán, Sánchez Cotán e Juan Bautista Mayno.
En 1629, realizou a súa obra máis grandiosa: o Retablo do Altar Maior da igrexa de Santa María de Lebrija (Sevilla). Outras das súas pinturas notábeis son Milagro do Pozo, San Francisco de Borja, Retablo do Neno Xesús de Getafe.
En 1627 morre, ao parecer de parto, a súa primeira dona, María de Figueroa, volvendo a casar en 1631 con Magdalena de Uceda.
En 1638 trasladouse a Madrid, onde o valido de Filipe IV, o Conde-Duque de Olivares, nomeouno pintor de cámara. Mais só estivo de paso na corte madrileña, onde puido estudar as coleccións reais, especialmente a pintura veneciana do século XVI.
Como escultor, as súas obras máis famosas son: o retablo de Nosa Señora da Oliva na igrexa de Lebrija e as figuras colosais de San Pedro e San Paulo.
En 1644 a súa esposa morreu asasinada, sendo Alonso acusado de asasinato, feito polo cal sería incluso torturado, aínda que non chegou a ser condenado pois demostrouse que era inocente. Marchou para València, con intención de facerse monxe. En 1652 transladouse a Granada, a súa cidade natal, onde obtivo o cargo de racioneiro da catedral, grazas á colaboración de Filipe IV. Alí completou a decoración da Capela Maior. Porén tivo constantes enfrontamentos cos cóengos de alí. A pesar diso conseguiu pouco despois ser mestre maior da catedral. Cano realiza entón as trazas da súa espléndida fachada principal, de estilo barroco, que aínda se pode contemplar. Malfadadamente, aos dous anos de comezarse as obras, faleceu. Foi enterrado na cripta da mesma catedral.
Durante toda a súa vida foi un quimerista e os seus duelos estiveron sempre á orde do día. Pese a gañar grandes cantidades de diñeiro, andou continuamente endebedado, chegando a pisar o cárcere.
Obras destacadas
editar- Virxe da Oliva (1629)
- Inmaculada do Facistol (1655 - 1656), na sancristía da Catedral de Granada.
- Virxe de Belén
- San Xoán Evanxelista en Patmos, Colección Esterházy, Budapest
- Busto de San Paulo
- Cristo morto sostido por un ánxo
- Cabeza de San Xoan de Deus
- Fachada da Catedral de Granada
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alonso Cano |