No ceo
No ceo[1] (en francés: Dans le ciel) é unha novela do escritor francés Octave Mirbeau. É a cuarta obra narrativa que Octave Mirbeau asinou co seu nome. Apareceu nas páxinas de L’Écho de Paris entre setembro de 1892 e maio de 1893, e publicouse en 1989 en volume independente.
No ceo | |
---|---|
Título orixinal | Dans le ciel |
Autor/a | Octave Mirbeau |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Xénero(s) | novela |
Editorial | L’Échoppe Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1989 2015 |
Formato | papel |
Páxinas | 148 |
ISBN | ISBN 978-84-943230-9-6 |
Tradución | Xavier Senín |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Xavier Senín[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2015.[1]
Sinopse
editarMirbeau evoca o carácter tráxico da condición humana, condenada ao absurdo, á angustia existencial, á soidade e á incomunicación, a través da relación entre os seus dous personaxes principais: Georges, un escritor frustrado, que narra en primeira persoa algúns dos acontecementos da súa vida; e Lucien, un pintor innovador e máis esixente, inspirado directamente na figura de Vincent van Gogh, que se suicida cortándose a man culpable.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 No ceo. Traducido por Xavier Senín (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2015. ISBN 978-84-943230-9-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 35. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Dans le ciel, ou la tragédie de l'artiste», artigo de Pierre Michel (en francés)