Nizo Yamamoto
Nizo Yamamoto (en xaponés: 山本 二三; Yamamoto Nizō, nado o 27 de xuño de 1953 e finado o 19 de agosto de 2023, foi un director de arte xaponés. Empezou a súa carreira con Mirai Shōnen Konan, mais tamén traballou en numerosos filmes, sendo os máis notables os filmes de Studio Ghibli Tenkū no Shiro Rapyuta, Hotaru no haka, Mononoke Hime e A viaxe de Chihiro. Ademais, colaborou no filme de Mamoru Hosoda Toki o Kakeru Shōjo e no de Makoto Shinkai O tempo contigo. Morreu de cancro de estómago o 19 de agosto de 2023, á idade de 70 anos.[1][2]
Nome orixinal | (ja) 山本二三 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xuño de 1953 Fukue, Xapón (pt) |
Morte | 19 de agosto de 2023 (70 anos) Hannō, Xapón |
Causa da morte | cancro de estómago |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Actividade | |
Ocupación | deseñador de produción , director de cinema |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obras
editarDirector
editar- Onigiri Kororin - (おにぎりころりん), 1991
- Miyori no Mori - (ミヨリの森), 2007
- Tenjo Taifu - (天上大風~わたしが出遇った良寛さま~), 2017
Libros de arte
editar- Nizou Yamamoto Works from Film (山本二三画集 フィルムからの言葉). Kadokawa Shoten, 1993. ISBN 978-4048524629
- The Background Art Of Yamamoto Nizo (山本二三背景画集). Kosaido Publishing, 2012. ISBN 978-4331516010
- Yamamoto Nizo Landscape Painting (山本二三 風景を描く). Bijutsu Shuppan, 2013. ISBN 978-4568389050
- 100 Views Yamamoto Nizo (山本二三百景 新装版). EI Publishing, 2019. ISBN 978-4777954452
Notas
editar- ↑ Rip Nizo Yamamoto 1953–2023 (en francés)
- ↑ "Renowned Ghibli anime art director Yamamoto dies at 70". Kyodo News. 21 de agosto de 2023. Consultado o 21 de agosto de 2023.
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |