Nishitani Keiji

filósofo xaponés

Nishitani Keiji (西谷啓治?), nado o 27 de febreiro do 1900 en Ishikawa e finado o 24 de novembro do 1990, foi un filósofo xaponés da Escola de Kyoto.[1][2] Foi discípulo de Nishida Kitarō.

Infotaula de personaNishitani Keiji

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 西谷啓治 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Prefectura de Ishikawa, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte24 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio do Xapón (–1947)
Xapón Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Kyoto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Kyoto
Ōtani University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1473528

Traxectoria

editar

No 1924, doutorouse pola Universidade de Kyoto cunha tese sobre as obras de Friedrich Schelling e Henri Bergson.[3] Entre o 1937 e o 1939, estudou con Martin Heidegger na Universidade de Friburgo.[2][3] No 1943, ocupou a cátedra de Filosofía e Relixión da Universidade de Kyoto.[3] Polos seus escritos sobre o concepto de nación, realizados durante o período de guerra, as autoridades imperiais considerárono sospeitoso de traizón.[3] No 1964, converteríase en catedrático emérito da Universidade de Kyoto. En varias ocasións, foi profesor visitante nos Estados Unidos e en Europa.[2]

Filosofía

editar

Segundo o propio Nishitani, "o problema fundamental da miña vida (...) foi sempre a superación do nihilismo a través do nihilismo".[4] A filosofía de Nishitani tiña unha inclinación relixiosa e subxectiva, próxima aos autores existencialistas e místicos como Søren Kierkegaard e Meister Eckhart.[4] Neste sentido, opoñíase aos eruditos e teólogos que procuran elaborar un sistema de pensamento. Nishitani reuniu organicamente a poesía, a literatura, a relixión e a filosofía do zen no seu traballo.[4]

Na súa obra Shūkyō to wa nanika? 宗教とは何?("Que é a relixión?", 1961), Nishitani compara o concepto budista de sunyata ou baleiro co nihilismo occidental.[5] Namentres a nada nihilista significa ausencia de sentido, o sunyata está relacionado coa aceptación do anatta, un dos tres correctos entendementos do Nobre Óctuple Sendeiro, e co rexeitamento do ego para ser un con todo.[6] Xa que logo, o baleiro budista implica que "todas as cousas que está no mundo están unidas, de un ou outro xeito".[6]

As obras completas de Nishitani foron editadas en 26 volumes. As seguintes son algunhas das máis representativas:[2]

  • Kami to zettai mu 神と絶対無 ("O divino e a negación absoluta", 1948).
  • Arisutoteresu ronkō アリストテレス論考 ("Examinando a Aristóteles", 1948).
  • Gendai shakai no somondai to shūkyō 現代社会の諸問題と宗教 ("Problemas e relixión na sociedade moderna", 1951).
  • Shūkyō to wa nanika? 宗教とは何?("Que é a relixión?", 1961)
  • Bukkyō ni tsuite 仏教について ("Sobre o budismo", 1982).
  • Nishida Kitarō: Sono hito to shisō 西田幾多郎 その人と思想 ("Nishida Kitarō: O home e o pensamento", 1985).
  • Zen no tachiba 禅の立場 ("O punto de vista do zen", 1986).

Traducións

editar
  1. "Nishida Kitar)( Davis, Bret W. (2023). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. The Kyoto School (Winter 2023 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "思想家紹介 西谷啓治 « 京都大学大学院文学研究科・文学部" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2023. Consultado o 2023-12-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "NISHITANI KEIJI". The Kyoto School of Philosophy (en inglés). 2016-12-20. Consultado o 2023-12-16. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Heisig, James (2015). Filósofos de la nada: Un ensayo sobre la Escuela de Kioto (en castelán). Editorial Herder. ISBN 9788425433177. 
  5. Thacker, Eugene (2016-04-30). "Black Illumination: the abyss of Keiji Nishitani". The Japan Times (en inglés). Consultado o 2023-12-16. 
  6. 6,0 6,1 Nishitani, Keiji (2017). La religión y la nada (en castelán). Chisokudo Publications. ISBN 978-1977717788. 
  7. "La religión y la nada – Chisokudo Publications" (en inglés). Consultado o 2023-12-16. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Heisig, J. (2015). Filósofos de la nada: Un ensayo sobre la Escuela de Kioto. Editorial Herder. ISBN 9788425433177

Ligazóns externas

editar