Nine Types of Light

Nine Types of Light é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock TV on the Radio, publicado o 11 de abril de 2011 a través do selo Interscope Records. O sinxelo principal do álbum, "Will Do", editouse o día 23 de febreiro.[1] A derradeira canción do traballo, "Caffeinated Consciousness", estivo dispoñible como descarga gratuíta na páxina da banda o 10 de marzo.[2]

Nine Types of Light
Álbum de TV on the Radio
Publicado11 de abril de 2011
Duración43:40
Xénero(s)art rock, indie rock, funk
Selo(s)Interscope Records
Cronoloxía
Dear Science Nine Types of Light Seeds

A banda creou un filme para acompañar o álbum, un compañeiro visual dunha hora que ofrece vídeos musicais para todos os temas do traballo. Incluíuse na versión deluxe do CD e ademais pode verse na súa totalidade en YouTube.[3] Trátase do derradeiro disco de TV on the Radio en contar co baixista Gerard Smith, que morreu de cancro de pulmón nove días despois de ser editado.

Listaxe de cancións

editar
  1. "Second Song" – 4:22
  2. "Keep Your Heart" – 5:43
  3. "You" – 4:05
  4. "No Future Shock" – 4:03
  5. "Killer Crane" – 6:15
  6. "Will Do" – 3:46
  7. "New Cannonball Blues" – 4:34
  8. "Repetition" – 3:46
  9. "Forgotten" – 3:40
  10. "Caffeinated Consciousness" – 3:21
Edición deluxe
  1. "All Falls Down" – 4:55
  2. "Will Do" (Switch Remix) – 5:20
  3. "Will Do" (XXXChange Dancehall Mix) – 3:45
Edición de iTunes
  1. "Troubles" (canción extra) – 3:04
Película[4][5]
  1. "Caffeinated Consciousness" - dir. Tim Nackashi - 02:27
  2. "Second Song" - dir. Michael Please - 05:46
  3. "New Cannonball Blues" - dir. Maya Erdelyi - 11:05
  4. "No Future Shock" - dir. Jon Moritsugu & Amy Davis - 15:11
  5. "Repetition" - dir. Johnerick Lawson - 19:38
  6. "Will Do" - dir. Dugan O'Neal - 24:48
  7. "Keep Your Heart" - dir. Petro Papahadjopoulos - 28:29
  8. "Forgotten" - dir. Tunde Adebimpe - 34:09
  9. "Killer Crane" - dir. TV on the Radio & Dano Cerny - 39:26
  10. "You" - dir. Barney Clay - 49:17
  11. "Dragon Backwards" - dir. Tim Nackashi, Tunde Adebimpe & Jaleel Bunton - 59:09
  1. "New TV on the Radio Song!". Spin. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  2. "New TV on the Radio: "Caffeinated Consciousness"". Pitchfork. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  3. "TV On The Radio - Nine Types of Light". YouTube. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  4. "TV On The Radio "Nine Types Of Light" (various dir.)". Video Static. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  5. "TV on the Radio: Nine Types of Light". Director Notes. Consultado o 2 de agosto de 2018.