TV on the Radio é unha banda estadounidense de rock experimental, formada no ano 2001 en Brooklyn, Nova York, que abrangue unha ampla gama de xéneros musicais, dende o post-punk ata o electro e o soul. O grupo editou varios EPs e tres álbums, Desperate Youth, Blood Thirsty Babes, Return to Cookie Mountain e Dear Science.

TV on the Radio
A banda no Treasure Island Music Festival 2008
OrixeBrooklyn, Nova York,
Período2001 - presente
Xénero(s)rock experimental, indie rock, soul, rap rock, reggae rock
Selo(s) discográfico(s)Touch and Go Records, 4AD, Interscope
MembrosTunde Adebimpe
Kyp Malone
David Andrew Sitek
Jaleel Bunton
Antigos membrosGerard Smith
Na rede
http://www.tvontheradio.com/
Facebook: TvOnTheRadio Twitter: tvontheradio Instagram: tvontheradio Tumblr: tvontheradio MySpace: tvotr Youtube: UCL-ArbVLEjieDWc7KtDX_Cw Spotify: 3HJIB8sYPyxrFGuwvKXSLR iTunes: 6562624 Last fm: TV+on+the+Radio Musicbrainz: eb872766-98f6-453d-883f-2ae908a18315 Songkick: 345541 Discogs: 172047 Allmusic: mn0000012972 Deezer: 1239 Genius: Tv-on-the-radio Editar o valor em Wikidata

TV on the Radio está formada por Tunde Adebimpe (voces/loops), David Andrew Sitek (guitarras/teclados/loops), Kyp Malone (voces/guitarras/baixo/loops) e Jaleel Bunton (batería/voces/loops/guitarras). Desde o 2003[1] e ata o seu falecemento en 2011 tamén formou parte da banda Gerard Smith (baixo/teclados).

Entre os seus colaboradores inclúense David Bowie (voces), Nick Zinner de Yeah Yeah Yeahs (guitarra), Kazu Makino de Blonde Redhead (voces), Martin Perna de Antibalas (saxofóns, frauta) e Katrina Ford de Celebration (voces).

Historia editar

O primeiro lanzamento de TV on the Radio (inicialmente só cos fundadores Adebimpe e Sitek) foi o autoeditado OK Calculator en 2002 (título que fai referencia ao álbum de Radiohead OK Computer). Posteriormente uniúselles Kyp Malone, e editaron o EP Young Liars no ano 2003. A este seguiulle o álbum Desperate Youth, Blood Thirsty Babes, que fixo que a banda gañase no ano 2004 o Shortlist Music Prize. Posteriormente lanzaron un segundo EP, titulado New Health Rock, ese mesmo ano.

O seu seguinte álbum de estudio, Return to Cookie Mountain, foi filtrado a principios do 2006 e obtivo eloxios antes do seu lanzamento por parte de medios como Pitchfork Media. Sería editado no mes de xullo en todo o mundo agás nos Estados Unidos e no Canadá, onde aparecería no mes de setembro a través do selo Interscope. A revista Spin elixiría a Return to Cookie Mountain o mellor álbum do ano 2006. Nel aparecen como convidados David Bowie, Celebration, Dragons of Zynth, Martin Perna e Stuart D. Bogie de Antibalas, Blonde Redhead e Nick Ziner de Yeah Yeah Yeahs. Durante a xira estadounidense de promoción, a banda interpretou un feixe de versión co vocalista de Bauhaus e co líder de Nine Inch Nails Trent Reznor.

O 23 de setembro de 2008 a banda editou un novo álbum de estudio, Dear Science, novamente a través de Interscope. Estivo dispoñible en streaming na súa páxina de MySpace e foi filtrado en Internet o 6 de setembro. O álbum recibiu boas críticas e foi elixido mellor disco do 2008 por Rolling Stone, The Guardian, Spin Magazine, The Onion AV Club, a MTV, Entertainment Weekly e os lectores de Pitchfork Media, ademais de nunha enquisa aos críticos da influente Pazz and Jop. Tamén foi nomeado segundo mellor disco do ano pola NME e cuarto na Planet Sound.

O 22 de setembro interpretaron "Dancing Choose", tema de Dear Science, no programa Late Show with David Letterman. Tamén apareceron no Later with Jools Holland o día 30 do mesmo mes, tocando "Golden Age" e "Dancing Choose", os mesmos temas que interpretarían no Saturday Night Live o 7 de febreiro do 2009. A banda tamén tocou "Dancing Choose" no episodio do 9 de febreiro de The Colbert Report.

O 3 de setembro de 2009, Tunde Adebimpe anunciou que TV on the Radio tomaríase un ano de descanso. O álbum en solitario do guitarrista Kyp Malone, baixo o nome Rain Machine, foi lanzado o 22 de setembro a través do selo ANTI-. Dave Sitek, co nome Maximum Balloon, lanzou tamén un disco en solitario o 24 de agosto de 2010 a través de Interscope, contando con varios vocalistas convidados como Karen O, David Byrne, ou algúns dos seus compañeiros en TV on the Radio entre outros. Ademais, Dave Sitek produciu o álbum de Holly Miranda The Magician's Private Library, no que tamén saen os membros de TV on the Radio Jaleel Bunton e Kyp Malone.

O 7 de febreiro do 2011 o grupo anunciou o fin do seu descanso, xunto co seu novo traballo, titulado Nine Types of Light. O día 14 de marzo, informaron que ao seu baixista, Gerard Smith, diagnosticáranlle un cancro de pulmón, falecendo ese mesmo ano[2].

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Desperate Youth, Blood Thirsty Babes 2004 Touch and Go Records
Return to Cookie Mountain 2006 Interscope, 4AD
Dear Science 2008 Interscope, 4AD
Nine Types of Light 2011 Interscope, 4AD
Seeds 2014 Harvest Records

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar