Nina Karlovna Bari
Nina Karlovna Bari (en ruso: Нина Карловна Бари), nada en Moscova o 19 de novembro de 1901 e finada na mesma cidade o 15 de xullo de 1961 foi unha matemática soviética, recoñecida polo seu traballo sobre series trigonométricas.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Нина Карловна Бари 19 de novembro de 1901 Moscova (Imperio Ruso) |
Morte | 15 de xullo de 1961 (59 anos) Moscova (Unión Soviética) |
Causa da morte | suicidio, atropelamento |
Lugar de sepultura | Cemitério Vvedenskoye (pt) , уч. 8 55°46′07″N 37°42′30″L / 55.768515, 37.708417 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética |
Educación | Universidade Estatal de Moscova |
Tese académica | Q106634616 (1926 ) |
Director de tese | Nikolai Luzin (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Análise matemática, cálculo infinitesimal e matemáticas |
Ocupación | matemática , profesora universitaria |
Empregador | Universidade Estatal de Moscova |
Alumnos | Pyotr Lavrentyevich Ulyanov (pt) e Vladimir Kozlov (en) |
Lingua | Lingua rusa |
Obra | |
Doutorando | Sergey Yablonsky (en) , Vladimir Kozlov (en) , Pyotr Lavrentyevich Ulyanov (pt) , Rafail Samoilovich Guter (en) , Zoya Nikolaevna Kazhdan (en) , Yurii Aleksandrovich Kazmin (en) e Klara Volfovna Temko (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Viktor Nemytsky |
Traxectoria
editarEducación e mocidade
editarBari naceu en Rusia en 1901, filla de Olga Eduardovna Seligs e do físico Karl Adolfovich Bari. En 1918, converteuse nunha das primeiras mulleres en ser aceptada no Departamento de Física e Matemática da prestixiosa Universidade Estatal de Moscova. Graduouse en 1921, tres anos despois de ingresar na universidade e despois da súa graduación comezou a súa carreira no ensino. Foi profesora no Instituto Forestal de Moscova, no Instituto Politécnico de Moscova e no Instituto Comunista Sverdlov. Bari solicitou e recibiu a única bolsa de investigación remunerada no novo Instituto de Investigación de Matemática e Mecánica. Alí, como estudante, uniuse a un grupo de elite alcumado Luzitania, que era unha organización académica informal e social. Estudou funcións e series trigonométricas baixo a tutela de Nikolai Luzin e axiña destacou nese campo, converténdose nunha das súas alumnas estrela.[1]>[2] Presentou os resultados das súas investigacións na Sociedade Matemática de Moscova en 1922, sendo a primeira muller que expuxo perante dita sociedade.[3]
En 1926, Bari completou a súa tese de doutoramento cunha investigación sobre as expansións trigonométricas, o que lle valeu o premio Glavnauk.[1][2][2][4] En 1927, viaxou a París coa fin de estudar na Sorbona e no Collège de France. Posteriormente Bari asistiu ao Congreso Matemático polaco en Lwów, onde obtivo financiamento para sufragar o seu regreso a París e a continuación dos seus estudos. A decisión de viaxar a París puido que se vise influída pola desintegración do grupo Luzitania. A irascible personalidade de Luzin dificultou as relacións no grupo de matemáticos que o compuñan. En 1930, todas as pegadas do movemento Luzitania desapareceran e Luzin deixara a Universidade Estatal de Moscova polo Instituto Steklov de Matemáticas da Academia da Ciencia. En 1932, Bari converteuse en profesora na Universidade Estatal de Moscova e en 1935 concedéuselle o título de doutora en Ciencias Físicas e Matemáticas, un título de investigación máis prestixioso que o tradicional de doutor.[2] Naquel momento, Bari xa completara o seu traballo fundacional sobre series trigonométricas.[1][2]
Carreira e vida posterior
editarBari foi unha colaboradora achegada de Dmitrii Menshov nun gran número de proxectos de investigación.[2] Durante a década de 1940, ela e Menshov traballaron no estudo da teoría de funcións na Universidade Estatal de Moscova. En 1952, publicou un importante estudo sobre as funcións primitivas e as series trigonométricas demostrando a súa converxencia en case todos os puntos. Bari presentou diversos relatorios nos congresos de "Third All-Union" de 1956 en Moscova e no Congreso Internacional de Matemáticos en Edimburgo en 1958.[3]
As matemáticas eran o centro da vida intelectual de Bari, mais os seus intereses eran máis amplos, gozando tamén da literatura e das artes. Foi unha entusiasta do montañismo e viaxou polas cordilleiras do Cáucaso, Altai, Pamir e Tian Shan en Rusia. Bari compartía este ineterese co seu home, o tamén matemático Viktor Vladimirovich Nemytskii, profesor na Universidade Estatal de Moscova e ávido explorador de montaña. Non se dispón documentación sobre o seu matrimonio, mais os seus contemporáneos crían que casara dúas veces.
O último traballo de Bari (a súa 55.ª publicación) era unha monografía de 900 páxinas sobre o estado da arte da teoría das series trigonométricas, que foi considerado no seu tempo como o estudo de referencia da teoría de funcións trigonométricas.[3]
En xullo de 1961, Bari faleceu ao caer diante dun tren no metro de Moscova.[2]