Nikon

Empresa xaponesa especializada en óptica e material fotográfico

Nikon Corporation é unha empresa xaponesa adicada á fabricación de cámaras fotográficas, prismáticos, microscopios e instrumentos de medición, sendo unha das empresas líderes neste sector.

Nikon Corporation

Sede de Nikon en Toquio, Xapón.
TipoEmpresa privada
Fundación1917
LocalizaciónToquio, Xapón
IndustriaÓptica, fotografía
ProdutosInstrumentos de precisión, cámaras fotográficas, microscopios e prismáticos
Na rede
https://www.jp.nikon.com/
Facebook: nikon Twitter: nikondotcom Instagram: nikonaustralia Youtube: UCjmEbz8wosl__h2opGT5k2w Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A sociedade foi creada en 1917, co nome de Nippon Kōgaku Kōgyō Kabushikigaisha (en xaponés: 日本光學工業株式會社), produto da unión de dúas sociedades líderes no sector da óptica. A empresa especializouse na construción de lentes e instrumentos de precisión para cámaras fotográficas, binóculos, microscopios e instrumentos de medición. Durante a segunda guerra mundial Nikon converteuse en provedora de binóculos, microscopios e outros instrumentos ópticos para o exército xaponés, e creceu ata contar con 19 establecementos industriais e 23 000 empregados. Finalizada a guerra, regresou a súa produción civil, reducíndose a unha soa fábrica e 1 400 empregados.

En 1946 a empresa mudou o seu nome a Nikon, da unión de Nippon Kōgaku (óptica xaponesa) e Ikon.

Fotografía dixital editar

Nikon creou algunhas das súas primeiras cámaras SLR dixitais para a NASA, utilizadas no transbordador espacial dende 1991.[1] Despois dunha asociación con Kodak na década de 1990 para producir cámaras SLR dixitais baseadas en corpos de cámaras Nikon existentes, en xuño de 1999 a compañía lanzaría baixo a súa marca a Nikon D1.[2]

Notas editar

  1. "Nikon NASA F4". Revolvy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. 
  2. "The Nikon D1". Nikon Corporation (en inglés). Archived from the original on 12 de novembro de 2006. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar