A noite dos mortos viventes

Filme de 1968 dirixido por George A. Romero
(Redirección desde «Night of the Living Dead»)

A noite dos mortos viventes (en inglés: Night of the Living Dead) é un filme estadounidense dirixido por George A. Romero que se estreou en 1968. Está protagonizado por Duane Jones e Judith O'Dea. Tivo un orzamento de 114 000 dólares e converteuse nun grande éxito comercial recadando 12 millóns de dólares nos Estados Unidos e 18 millóns internacionalmente. Dende entón, converteuse nun clásico de culto, e malia que nun primeiro momento, foi duramente criticado polo seu gore explícito, foi posteriormente louvado pola crítica e seleccionado pola Biblioteca do Congreso para a súa conservación no National Film Registry, como un filme "cultural, histórico, ou esteticamente significativo".[3]

A noite dos mortos viventes
Imaxe do filme.
Ficha técnica
Título orixinalNight of the Living Dead
DirectorGeorge A. Romero
ProdutorKarl Hardman
Russell Streiner
GuiónGeorge A. Romero
John A. Russo
IntérpretesJudith O'Dea
Duane Jones
Marilyn Eastman
Karl Hardman
Judith Ridley
Keith Wayne
MúsicaWilliam Loose
FotografíaGeorge A. Romero
MontaxeGeorge A. Romero
John A. Russo
EstudioImage Ten
Laurel Group
Market Square Productions
DistribuidoraThe Walter Reade Organization
Continental Distributing
Estrea 1 de outubro de 1968
Galicia 13 de maio de 1991 (TVG)
Duración96 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento$114 000[2]
Recadación$30 000 000[2]
Na rede
IMDB: tt0063350 Filmaffinity: 582638 Allocine: 1133 Rottentomatoes: m/night_of_the_living_dead Allmovie: v35311 TCM: 84925 Metacritic: movie/night-of-the-living-dead TV.com: movies/night-of-the-living-dead
Facebook: officialnightofthelivingdead Instagram: lovelivingdead Netlix: 17017662Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

Dominio público editar

Entrou no dominio público debido a un erro na distribución, xa que nos títulos de crédito non aparecía o copyright indicando o dereito de autoría. Con todo, unha nova copia restaurada en 4K ficou fóra do dominio público. Netflix retirou do seu catálogo o filme por un requirimento de Alemaña.[4]

Relación do filme con Galiza editar

O director recorreu á súa familia na Coruña para conseguir o financiamento necesario para rodar a que foi a súa primeira película. Ademais, George A. Romero dixo en diversas ocasións que as historias sobre a Santa Compaña que lle contaba a súa tía galega inspirárono para escribir o guión do filme.[5]

Foi emitido na TVG o 13 de maio de 1991.[6]

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (18 de novembro de 1980). "Night of the Living Dead (X)". Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Mark Hughes (30 de outubro de 2013). Forbes, ed. "The Top Ten Best Low-Budget Horror Movies of All Time". Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  3. J.C. Maçek III (15 de xuño de 2012). PopMatters, ed. "The Zombification Family Tree: Legacy of the Living Dead". 
  4. Waltz, Amanda. "Report reveals Netflix removed Night of the Living Dead from Germany's streaming services". Pittsburgh City Paper (en inglés). Consultado o 2024-01-26. 
  5. "El desconocido origen gallego de los zombis modernos". Vertele (en castelán). 2017-10-02. Consultado o 2024-01-26. 
  6. La Voz de Galicia, 13 de maio de 1991. Páx. 78

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar