Nicolai Abraham Abildgaard

Nicolai Abraham Abildgaard, nado en Copenhaguen en 1743 e finado na mesma cidade en 1809, foi un pintor danés.

Nicolai Abraham Abildgaard
Der Maler Nicolai A. Abildgaard (1772, Jens Juel).jpg
Jens Juel, óleo de 1772.
Nacemento11 de setembro de 1743, 1744, 4 de setembro de 1744 e 1743
 Copenhague
Falecemento4 de xuño de 1809 e 1809
 Copenhague
Nacionalidadedanés
Eidopintura, escultura, e arquitectura
TraballosFiloctetes, Ossian
PatrónsJohan Mandelberg e Johannes Wiedewelt.
Influenciado porClaude Lorrain e Nicolas Poussin
Na rede
Find a Grave: 83169475 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun anticuario, estudou pintura na Real Academia Danesa da Arte (Det Kongelige Danske Kunstakademi) con Johan Mandelberg e Johannes Wiedewelt. Como axudante de Mandelberg colaborou na decoración do palacio real de Fredensborg.

Entre 1772 e 1777 fixo unha viaxe de estudos a Roma, onde estudou os frescos de Anibal Carracci e as pinturas de Rafael, Tiziano e Miguelanxo. Ademais entra en contacto co escultor sueco Johan Tobias Sergel e o pintor Johann Heinrich Füssli que exercen unha grande influencia no seu afastamento do clasicismo, aprendido na Academia, e no seu achegamento ás fontes literarias de Shakespeare, Homero e Osian.

De volta a Dinamarca foi nomeado profesor da Academia en 1778. Christoffer Wilhelm Eckersberg e Asmus Jacob Carstens salientaron entre os seus discípulos. En 1780 foi requirido polo goberno danés para pintar pezas históricas que servisen de decoración ao Cuarto dos Cabaleiros (Riddersal) do Palacio de Christiansborg. Esas pinturas non só amosan elementos históricos, senón tamén alegóricos e mitolóxicos (xeroglíficos, símbolos) que reflicten o seu apoio á Revolución francesa, o rei rexeitou o deseño, e finalmente en 1794 foi destruído nun incendio.

Dirixiu a Academia de Copenhaguen de 1789 a 1791 e de 1801 a 1809.

O seu estilo foi clásico, cun fondo romántico. Tiña un remarcable sentido da cor, e unha clara preferencia por temas históricos.

Véxase taménEditar