Nicómaco de Xerasa
Nicómaco de Xerasa ou Xeraseno (en latín Nicomachus Gerasenus, en grego Νικόμαχος Γερασηνός, o Γερασινός) foi un matemático grego do século I.
Nicómaco de Xerasa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 60 |
Lugar de nacemento | Xerasa |
Falecemento | 120 |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | matemático, musicólogo, teórico da música e filósofo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Non sabemos nada da súa vida senón que era natural de Xerasa en Arabia. Viviu na época do emperador Tiberio no século I. Era moi coñecido polos seus contemporáneos como un membro destacado da escola pitagórica.
ObraEditar
Escribiu sobre aritmética e música e quizais doutros temas. Boecio escribiu unha obra sobre aritmética que era reprodución da obra de Nicómaco.
As súas obras que se conservan son[1]:
- Ἀριθμητικης εἰσααγωγῆς Introdución á aritmética, que se conserva en grego e nunha tradución ao latín de Boecio e resulta ser un dos poucos (por non dicir o único) documentos que temos da teoría de números da Grecia clásica[2].
- Ἐγχειρίδιον ἁρμονικῆς Manual de harmonía, escrito en forma de carta a unha muller nobre.
- A súa Introdución á música perdeuse, pero considérase que é a fonte principal do primeiro libro de De institutione musica de Boecio.
E as obras perdidas das que se coñece o título son:
- θεολογούμενα ἀριθμητικῆς.
- τέχνη ἀριθμητικὴ (xeometría).
- περὶ ἑορτῶν Αἰγυπτίων.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Kappraff, Jay (2000). "The Arithmetic of Nicomachus of Gerasa and its Applications to Systems of Proportion". Nexus Network Journal (en (en inglés)) (Springer). Volume 2 (Num. 1-2): 41-56. ISSN 1590-5896. doi:10.1007/s00004-999-0007-7. Consultado o 27-07-2013.
- Mathiesen, Thomas J. (2011). "Antiquity and the Middle Ages". En Gracyk, Theodore e Kania, Andrew (eds.). The Rouledge Companion to Philosophy and Music (en (en inglés)). New York: Routledge. p. 257 i ss. ISBN 978-0-415-48603-3.
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicómaco de Xerasa |
- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Nicòmac Gerasè» (en anglès). MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland. (inlgés)
- Nichomachus_of_Gerasa. Complete Dictionary of Scientific Biography. 2008. Encyclopedia.com. Consultat 27 Juliol. 2013 <http://www.encyclopedia.com>.