Neso (lúa)
Neso (ou en grego Νησώ), coñecido tamén coma Neptuno XIII, é o satélite irregular máis externo de Neptuno. Foi descuberto por Matthew J. Holman, Brett J. Gladman, e o seu equipo. o 14 de agosto do 2002, aínda que pasou inadvertido ata o 2003.[4][5]
Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberta por | M. Holman e o seu equipo. B. Gladman e o seu equipo. |
Descuberta o | 14 de agosto do 2002 |
Características orbitais[2] | |
Época 10 de xuño do 2003. | |
Eixo semi-maior | 49.285 Gm |
Excentricidade | 0,5714 |
Período orbital | 9740,73 d (26,67 a) |
Inclinación | 136,439° * |
Características físicas | |
Diámetro medio | 60 km[3]** |
Período de rotación | ? |
Albedo | 0,04 asumido[3] |
Cor | ? |
Tipo espectral | ? |
*respecto da eclíptica **baseado no albedo. |
Neso orbita Neptuno a unha distancia de máis de 48 Gm (millón de kms), facendo dela a lúa máis distante do seu planeta nai1. Segue unha órbita cunha gran inclinación orbital e tamén cunha gran excentricidade, ilustrados estes conceptos no diagrama en relación ás outras lúas irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade, fágase notar a acusadisima excentricidade de Neso e Psámate.
Neso ten aproximadamente 60 kms de diámetro, e asumindo unha densidade media de 1,5 g/cm3[6] a súa masa foi estimada en 1,6 x 1017 kg.
Dados os parámetros orbitais tan semellantes que posúe esta lúa con relación á lúa e Psámate (S/2003 N 1), suxeriuse que estás dúas lúas podían ter unha orixe común a partir da división dunha lúa maior.[3]
Neso recibiu o nome dunha das Nereidas. Antes do anuncio do seu nome o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Neso era coñecida coa designación provisional de S/2002 N 4.
1As distancias están máis en relación cás distancias dos planetas interiores co Sol que coas distancias das lúas comparadas cos seus planetas; un apocentro dun satélite superior ós 72 Gm (72 millóns de kms) coma neste caso en comparación a Mercurio que ten un afelio de ~70 Gm!
Notas editar
- ↑ Discovery Circumstances from JPL
- ↑ Jacobson, R.A. (2008) NEP078 - JPL satellite ephemeris
- ↑ 3,0 3,1 3,2 S. Sheppard, D. Jewitt and J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint.
- ↑ IAU Circular 8213
- ↑ M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden, R. Jacobson; Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf)
- ↑ Physical parameters from JPL
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Matthew Holman's Neptune's page (en inglés)
- David Jewitt's pages (en inglés)
- Scott Sheppard's pages (en inglés)
- Neso in Fiction (en inglés)