Psámate, (ou en grego Ψαμάθη), tamén coñecido coma Neptuno X, é un satélite irregular de Neptuno con movemento retrógrado. Esta lúa foi descuberta por Scott S. Sheppard e David C. Jewitt no 2003 usando un telescopio Subaru de 8,2 metros.[3] Psámate recibiría o nome dunha das Nereidas. Antes do anuncio do seu nome oficial o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), recibiu a designación provisional de S/2003 N 1.[5] .

Psámate
Descubrimento[1]
Descuberta por Scott S. Sheppard
David C. Jewitt
J. Kleyna
Descuberta o 2003
Características orbitais[2]
Época 10 de xuño do 2003
Eixo semi-maior 48.096 Gm
Excentricidade 0,3809
Período orbital 9074,30 d
(24.84 a)
Inclinación 126,312° *
Características físicas
Diámetro medio 38 km[3][4]**
Período de rotación ?
Albedo 0,04 asumido[3]
Cor ?
Tipo espectral ?
*respecto da eclíptica **baseado no albedo.

Esta lúa ten de diámetro ó redor de 38 km. Orbita Neptuno unha distancia de 46.695.000 kms e lévalle 25 anos terrestres facer unha órbita. A órbita deste satélite está moi próxima á separación (mínima) teórica estable con Neptuno para un corpo cunha órbita retrógrada. Dada as semellanzas entre os parámetros orbitais de Psámate e Neso (S/2002 N 4), foi suxerido que ambos satélites podían ter unha orixe en común na escisión dunha lúa de maior tamaño.[3] Ambas lúas son as lúas máis afastadas respecto do seu planeta nai dentro do Sistema Solar.[6]

Notas editar

  1. Donald K. Yeomans (05-05-2009). Jet Propulsion Laboratory, ed. "Planetary Satellite Discovery Circumstances". Consultado o 23-09-2009. 
  2. Jacobson, R. A. (2008). Planetary Satellite Mean Orbital Parameters, ed. "NEP078 - JPL satellite ephemeris". Consultado o 23-09-2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Sheppard, Scott S.; Jewitt, David; Kleyna, Jan (2006). "A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness". The Astronomical Journal 132: 171–176. doi:10.1086/504799. 
  4. Sheppard, Scott S. Department of Terrestrial Magnetism (Carnegie Institution of Washington), ed. "Neptune's Known Satellites". Arquivado dende o orixinal o 13-02-2010. Consultado o 13-12-2008. 
  5. Brian G. Marsden. Minor Planet Center, Smithsonian Astrophysical Observatory, ed. "MPEC 2003-R19 : S/2003 N 1". Consultado o 23-09-2009. 
  6. Richard, Jr. Schmude (2008). Springer, ed. Uranus, Neptune, Pluto and How to Observe Them. p. 106. ISBN 0387766014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar