O nesgo de xénero defínese como unha inclinación tendenciosa cara a unha persoa ou colectivo en función do seu xénero. Este nesgo pode producir unha predisposición, parcialidade, prexuízo ou predilección na selección, representación ou toma de decisións cara a un individuo ou colectivo.[1] Enténdese como un enfoque incorrecto da igualdade entre as persoas, o que pode levar a comportamentos desiguais e discriminatorios, nos que, malia que existan grupos mixtos, se ten certo favoritismo cara a un xénero, incluso inconscientemente.[2]

Os nesgos de xénero poden facerse evidentes nos procesos de socialización tanto na infancia como na idade adulta, e no momento de adoptar roles nos ámbitos laborais ou familiares.[3] No ámbito laboral, por exemplo, o nesgo de xénero pódese definir como un tratamento desigual das oportunidades laborais (como a promoción, remuneración, beneficios e privilexios) debido ás actitudes baseadas no xénero dun empregado ou dun grupo de empregados.[4]

É unha realidade que afecta a gran parte da esfera social, incluída a produción científica,[5][6][7] o urbanismo, [8] o transporte, [9] o clima,[10] a economía [11] ou a relixión, entre outras moitas.

  1. "Copia arquivada". Boundless. 2016-09-20. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 05 de febreiro de 2020. 
  2. Institut Català de les Dones, ed. (2005). "La salut des de la sensibilitat de gènere" (PDF) (en catalán). 
  3. Centre d'Estudis d'Opinió, ed. (xullo de 2010). "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2011. Consultado o 05 de febreiro de 2020. 
  4. "gender bias". TheFreeDictionary.com (en inglés). 
  5. "Gender Bias Learning Project" (en inglés). 2014-04-11. 
  6. "gender bias" (en inglés). 
  7. V. Valian, «Why so slow? The advancement of women», Cambridge, Massachusetts : MIT Press (1998)
  8. genderste, ed. (2016). "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2017. Consultado o 05 de febreiro de 2020. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 05 de febreiro de 2020. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2016. Consultado o 05 de febreiro de 2020. 
  11. "Arrenca avui el seminari feminista «Economia i Gènere» de la CUP". Diari de Girona (en catalán). 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar