Abrir o menú principal

O nervio accesorio, nervio accesorio espiñal ou XI par cranial é un nervio mixto, que está formado pola unión dos ramos espiñal e neurocranial.

Nervio accessorio
Gray791.png
Nervio glosofarínxeo, nervio vago e nervio accesorio.
Brain human normal inferior view with labels en.svg
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais anotados en inglés.
Latín nervus accessorius
Gray: subject #206 913
Inervación    Músculo esternocleidomastoideo, músculo trapecio
MeSH Accessory+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

Orixe realEditar

1. Núcleo bulbar: formado por células da porción inferior do núcleo ambiguo.
2. Núcleo medular: está situado na parte externa da hasta anterior da porción superior da medula cervical.

Orixe aparenteEditar

As ramas bulbares xorden do suco colateral posterior da medula oblongada por debaixo do pneumogástrico ou X par cranial.
As ramas medulares fanno do suco colateral posterior da medula.

Sae do endocranio polo burato rachado posterior xunto cos pares X e IX. Unha vez fóra da cavidade cranial, divídese en dúas ramas: unha rama interna, que contén as fibras de orixe bulbar e que termina uníndose ó ganglio plexiforme do vago; e unha rama externa, que descende atravesando o espazo retromandibular e termina inervando os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.

Á súa vez dá tres ramos terminais que son:

Debido a que inerva o esternocleidomastoideo e o trapecio, ten por función mover o pescozo e a testa. Permite erguer a cabeza, mantela erquida e encoller os ombreiros. As súas lesións explóranse pedindo ó paciente que encolla os ombros.