Nervación (folla)

A nervación ou nervadura é a distribución dos nervios ou veas que compoñen o tecido vascular do limbo da folla dunha planta. O nervios sitúanse no estrato esponxoso do mesofilo da folla; a través deles circula o zume, comunicando as células da folla co resto da planta.

Esqueleto dunha folla da familia das Magnoliaceae mostrando a súa fina nervación.

O tipo de nervadura é unha das variábeis usuais na descrición das plantas.

Función

editar

É a nivel das nervacións (que destacan polo seu relevo do resto do limbo) onde se sitúan os tecidos condutores da saiva, organizados en fascículos: o xilema que achega a auga e os minerais (saiva bruta) desde as raíces até as follas e o floema que conduce a saiva elaborada coa glicosa producida na fotosíntese, fóra da folla. Os nervios principais do mesofilo serven para o transporte da auga e da zume a ou fóra da folla, mentres que os secundarios serve para recolectar e difundir estes líquidos na mesma folla, a nivel celular a medida que a ramificación se fai máis fina.

Clasificación das nervaduras

editar
 
Folla iluminada a trasluz para mostrar a nervación pennada e camptódroma'.
(Na versión ampliada os nervículos que unen as nervacións secundarias son claramente visíbeis.

As nervacións clasifícanse en:[1]

  • Segundo o alcance das veas principais, en:
    • craspedódromas, aquelas en que as veas principais chegan até a marxe do limbo;
    • camptódromas, aquelas en que as veas principais se torcen antes de chegar atá a marxe do limbo.
  • Segundo a disposición dos nervios, en:
    • reticulada ou plumosa, na que os nervios principais se ramifican nunha multitude de nervículos; as follas nervadas reticuladamente son típicas das Magnoliopsida, e divídense á súa vez en:
      • de nervación pennada (ou pinnatinervias), nas que hai unha nervación principal central e unha rede delgada de nervacións secundarias que nacen desta; un exemplo de nervación pennada é a das follas da maceira (Malus domestica);
      • de nervación palmada (ou palmatinervias), con máis dun nervio principal que nace da base foliar, xunto á inserción do pecíolo, radiando cara ás marxes; un exemplo de nervación palmada é o das follas do pradairos (Acer spp.);
      • trinervias, con tres nervios principais que nacen da base da lámina foliar; un exemplo é o das follas de Ceanothus spp.;
    • paralela, na que os nervios principais corren paralelos entre si ao longo da folla, desde o extremo basal até o distal, unidas ás veces por nervículos conmisurais; as follas nervadas paralelamente son típicas das Liliopsida;
    • dicotómica, na que non hai feixes vasculares principais, senón unha retícula de nervículos que se dividen binariamente a intervalos regulares; as follas de nervación dicotómica encóntranse no Ginkgo biloba e algúns fieitos.
 
Diferentes tipos de nervación:
a. pennada      b. reticulada      c. paralela      d. palmada      e. dicotómica
  1. Raven, Peter H. et al. (2003): Biologie végétale. De Boeck Université. Ver en liña[Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Srasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª ed. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0979-0

Outros artigos

editar