Necrópole de Tebas
A Necrópole de Tebas é unha área da marxe oeste do Nilo fronte a Tebas en Exipto. Usouse en gran parte para enterros de reis e nobres, especialmente durante o Imperio Novo.
Necrópole de Tebas | |
---|---|
![]() Vista aérea da necrópole de Tebas | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, III, VI |
Inscrición | 1979 (3ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 87 |
Ao longo do tempo, utilizáronse diferentes sitios: así xurdiu o Val dos Reis e o Val das Raíñas, os nobres conseguian un lugar preto do seu faraón, pero durante a XVIII dinastía construíron túmulos preferentemente en Dra Abu el-Naga e Qurna e os artesáns que traballaban nos templos funerarios e as tumbas dos faraóns construíronse as súas propias tumbas no chamado Vale dos artesáns.
A maioría das tumbas están localizadas na marxe esquerda do Nilo, xa que se pensaba que o Duat (inframundo) estaba no oeste.
TumbasEditar
As tumbas constan de dúas partes: a tumba e un monumento funerario escavado na rocha con fachadas verticais, speos; Algunhas destes speos, ademais da parte inferior tallada na rocha, tiñan unha superficie superior construída con pedras e adobes. Como conos adornos usábanse conos funerarios, adornos de barro cocico ou pequenas pirámides, normalmente con inscricións.[1]
A tumba cavábase no chan, facendo un pozo na rocha de tamaño suficiente para permitir o paso do sarcófago. Dende a parte inferior, un corredor conducía ás cámaras funerarias, onde se colocaban o sarcófago e o axuar funerario, e logo se bloqueaba o acceso.
O santuario está situado encima, escavado horizontalmente na rocha. Consta dun corredor ao final do cal atópase a sala, decorada máis ou menos segundo o status social da familia. Colocábanse figuras do morto e da súa muller, e imaxes dos seus pais e fillos. Diante dos speos deixábase un patio aberto, onde realizábanse os últimos ritos antes do enterro, como a apertura da boca. A gran maioría das tumbas teñen o patio destruído polo paso do tempo.[2]
Desde Tutmés I, os faraóns comezaron a construír os seus santuarios lonxe das sepulturas para protexe-los dos roubos.[3] Así construíron grandes templos funerarios, que chamaron Casa do millón de anos, os máis famosos dos cales son os de Hatshepsut, construído por Senenmut e o de Ramsés II, chamado por Champollion Ramesseum. As tumbas as construíron no Val dos Reis, facendo o mesmo co raíñas e príncipes no val das Raíñas, ocultas e agrupadas, e polo tanto, máis fáciles de controlar.[3]
IdentificaciónEditar
As tumbas identificáronse, en xeral, con dúas letras seguidas dun número que indica a orde do seu descubrimento.
- KV: tumbas no Val dos Reis (Kings' Valley). Algúns deles levan as letras WV (West Valley, pero conservan o número que lles corresponde).
- QV: tumbas no Val das Raíñas (Queens' Valley).
- TT: resto das tumbas (Theban Tombs) Tumbas de Tebas, aínda que algunhas teñen as letras DB (Deir el-Bahari), mantendo a numeración.
Templos funerarios reaisEditar
- En Medinet Habu
- Templo funerario de Amenhotep III
- Templo funerario de Merenptah
- Templo funerario de Ramsés IV
- Templo funerario de Tutmosis IV
- Templo funerario de Tutmosis III
- Templo funerario de Tausert
- Templo de Nebwenenef
- Qurna
- Templo funerario de Amenhotep II
- Ramesseum (templo funerario de Ramsés II)
- Véxase tamén: Casa do millón de anos.
Necrópoles reaisEditar
- Val dos Reis, Ta-sekhet-ma'at.
- Val das Raíñas, Ta Set Neferu.
Outras necrópolesEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Necrópole de Tebas |
BibliografíaEditar
- Borchardt, L.; Königsberger, O.; Ricke, H. (1934). "Friesziegel in Grabbauten". Zeitschrift für Ägyptische Sprache und Altertumskunde 70. ISSN 0044-216X.
- Galán Allué, José Manuel (2006). "Patios de Tumbas Tebanas de época de Djehuty". Proyecto Djehuty. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 29 de abril de 2009.
- "Ficha de la Necrópolis de Tebas". Artehistoria. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Tumbas e Mastabas
- Tombes en Osirisnet Centrale
- Ancient Egypt Tombs Central
- Theban Tomb List from Digital Egypt (UCL)