Nathan Phillips (activista)

activista do pobo omaha

Nathan Alan Phillips (tamén chamado Nathaniel Alan Phillips)[1][2] nado en Lincoln, Nebrasca o 22 de febreiro de 1954,[3] é un activista nativo americano do pobo omaha, e veterano de guerra. Lidera anualmente unha cerimonia na honra dos veteranos nativos americanos no Cemiterio Nacional de Arlington.

Infotaula de personaNathan Phillips

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Lincoln, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo omaha Editar o valor em Wikidata
EducaciónLincoln Southeast High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5401153 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado e criado en Lincoln, Nebrasca,[4] Phillips medrou no seo dun fogar tribal tradicional omaha[4][5] até que tivo 5 anos, cando foi separado da súa nai e criado por unha familia branca.[6] Posteriormente trasladouse a Washington DC.[7]

A compañeira de vida de Phillips foi Shoshana Konstant, tamén coñecida como Shoshana Beth Phillips,[8][9] con quen tivo un fillo, Zakiah e unha filla, Alethea.[4]

Activismo editar

 
Phillips na Marcha dos Pobos Indíxenas de 2017.

O New York Times identificou a Phillips como un antigo director da "Native Youth Alliance", un grupo que traballa para garantir que a cultura tradicional e as formas espirituais se manteñan nas xeracións futuras de nativos americanos,[10] e que lidera unha cerimonia anual na honra de veteranos nativos americanos no Cemiterio Nacional de Arlington.[10] The Guardian considerouno un "coñecido activista nativo americano que estaba entre os líderes das protestas de Standing Rock en 2016 e 2017 contra a construción do oleoduto en Dacota do Norte".[11]

Phillips apareceu nas noticias en Míchigan no ano 2015 cando un grupo de estudantes da Universidade de Míchigan Oriental supostamente o acosou.[12] Nun artigo de xaneiro de 2019 en Indian Country Today', Phillips foi descrito como "coidador da pipa sagrada".[12][13] Noutro artigo de xaneiro de 2019 para o Washington Post Phillips foi descrito como "un veterano do movemento a prol dos dereitos indíxenas".[14]

Vídeo de "Make It Bun Dem" editar

Artigo principal: Make It Bun Dem.

En 2012, Phillips e o seu fillo apareceron nun vídeo musical para "Make It Bun Dem", unha canción de Skrillex e Damian "Jr. Gong" Marley.[15] Nunha entrevista do 20 de febreiro de 2017 que se produciu durante as protestas polo oleoduto Dakota Access (DAPL), Phillips explicou que decidiu facer o casting porque quería axudar no momento porque quería axudar ós seus fillos a facer fronte ó cancro da súa esposa.[16]

Between Earth and Sky editar

Phillips foi o tema principal dun premiado documental de 2013, Between Earth and Sky no que el e a súa muller, Shoshana, regresan á súa reserva omaha cando ela foi diagnosticada con cancro de medula ósea. A súa muller finou por mor da doenza en 2014.[17][18][19][20]

Incidente da Marcha dos Pobos Indíxenas de 2019 editar

Artigo principal: Marcha dos Pobos Indíxenas.

O 18 de xaneiro de 2019 varios vídeos foron gravados no Lincoln Memorial de Washington DC, nos que aparece Phillips sendo acosado por un grupo de cincuenta ou sesenta rapaces da escola secundaria que asistiron á "March for Life"; os vídeos difundíronse axiña polas redes sociais, incluíndo Twitter e YouTube, cun dos vídeos conseguindo máis de dous millóns de reproducións en dúas horas.[21][22][23] Philips camiñou en dirección ó grupo de estudantes, todos eles varóns do colexio privado Covington Catholic High School (CovCath) e comezou a cantar a AIM Song, unha canción nativo americana intertribal dos powwows.[13][24] Nos vídeos tamén se ve un estudante do Covington Catholic High School,[25] parado a poucos centímetros de Philipps mentres Philipps cantaba, mentres algúns estudantes de fondo facían "movementos de Tomahawk" e bailaban.[24] Numerosos estudantes levaban gorras vermellas co lema "Make America Great Again".[25]

Notas editar

  1. "CNN NEWSROOM". CNN. 20 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  2. "New video emerges in Lincoln Memorial encounter". CrossRoadsToday. 21 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  3. "One year after pipeline protest's end, 'I would have done it all over again'". TheDickinsonPress. 24 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Kelley World-Herald staff, Matt (26 de novembro de 2000). Omaha World Herald, ed. "Who is Nathan Phillips? Years ago, Omaha Tribe member said spiritual journey was grounded in mall prayer vigil". Washington, D.C. Consultado o 21 de xaneiro de 2019. The Washington Post even stopped by, publishing a lengthy essay last week connecting Phillips' vigil to a well-mannered protest of Thanksgiving. 
  5. Washington Post, ed. (21 de novembro de 2000). "A mourning wake up call". Consultado o 21 de xaneiro de 2019. 
  6. "The Power of Nathan Phillips’s Song". Vogue (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2019. 
  7. "Native American leader of Michigan: 'Mob mentality' in students was 'scary'". Detroit Free Press (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2019. 
  8. "One Native American gives back". Uofmhealthblogs.org. 25 de xuño de 2013. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  9. "Staff and Volunteers - Heritage of Healing". Web.archive.org. 29 de abril de 2015. Archived from the original on 29 de abril de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  10. 10,0 10,1 Mervosh, Sarah. "Boys in ‘Make America Great Again’ Hats Mob Native Elder at Indigenous Peoples March". The New York Times. 
  11. "Outcry after Kentucky students in Maga hats mock Native American veteran". The Guardian. 20 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 
  12. 12,0 12,1 Spencer, Dave (22 de abril de 2015). FOX via WJBK, ed. "Native American claims racial harassment by EMU students dressed as indians". Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  13. 13,0 13,1 Schilling, Vincent (19 de xaneiro de 2019). Indian Country Today, ed. "Outrage as non-Native youth wearing #MAGA hats taunt and disrespect Native elder". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  14. Olivo, Antonio; Wootson Jr, Cleve R.; Heim, Joe (19 de xaneiro de 2019). Washington Post via New Zealand Herald, ed. "Native American drummer speaks on the teens who surrounded him wearing MAGA hats". ISSN 1170-0777. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  15. Make It Bun Dem. Itunes.apple.com. 1 de maio de 2012. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  16. Marco Frucht (Director) (20 de febreiro de 2017). Nate Phillips Gives Skrillex A Shoutout From the DAPL protests. Escena en 83 seconds. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  17. "Between Earth and Sky". Kickstarter (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 
  18. "Between Earth and Sky ‹ Maria Stanisheva's portfolio & blog". Mariastanisheva.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 
  19. "Between Earth and Sky". Winter Film Awards. 20 de marzo de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 
  20. Between Earth and Sky. IMDb.com. 20 de outubro de 2012. Escena en 22 minutes. Consultado o 19 de xaneiro de 2019.  Maria Stanisheva (Director/Writer) Starring Nathan Phillips and Shoshana Phillips with music by Nathan Phillips.
  21. The Hill, ed. (18 de xaneiro de 2019). "Haaland condemns students' behavior toward Native elder at Indigenous Peoples March". Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  22. Londberg, Max (19 de xaneiro de 2019). Cincinnati Enquirer, ed. "School faces backlash after incident at Indigenous Peoples March". Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  23. WCPO, ed. (19 de xaneiro de 2019). "Local high school 'looking into' incident at march in D.C.". Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  24. 24,0 24,1 The Washington Post, ed. (2019). "A tribal elder and a high school junior stood face to face, and the world reacted". 
  25. 25,0 25,1 Chamberlain, Samuel (20 de xaneiro de 2019). Fox News, ed. "Kentucky student seen in viral confrontation with Native American speaks out". Consultado o 21 de xaneiro de 2019.