Natalia Dmitrievna Vavilova (ruso: Наталья Дмитриевна Вавилова, nada en Moscova o 26 de xaneiro de 1959, é unha actriz rusa.

Infotaula de personaNatalia Vavilova
Biografía
Nacemento(ru) Наталья Дмитриевна Вавилова Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0891347 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Criouse na avenida de Lenin, seu pai traballaba no corpo diplomático[1]. Vavilova comezou a súa carreira como actriz á idade de catorce anos, debutou no filme Takie Vysokie Gory (1974) de Iulia Solntseva[2] e comezou a se facer coñecida pola súa interpretación da escolar Taya Petrova no filme Rozygrysh (1976) de Vladimir Menshov. En 1984 graduouse no Instituto Gerasimov de Cinematografía, no que estudou baixo a dirección de Evgenii Matveev, un aclamado actor e director[3]. O éxito e a fama chegáronlle co papel de Aleksandra Tikhomirova no filme que logrou o Oscar ao mellor filme estranxeiro Moskva slezam ne verit en 1980[4].

En 1986 mentres rodaba o filme histórico Nikolai Podvoiski, caeu dun cabalo e sufriu un traumatismo da columna vertebral. A súa derradeira película foi un traballo para a televisión, en 1991, Delo Sukovo-Kobylina e logo viviu retirada da esfera pública co seu marido, o director de cine Samvel Gasparov, nunha casa a doce quilómetros de Moscova ata a morte del o 26 de maio de 2020 a causa da pandemia de coronavirus[5].

Notas editar