Instituto Gerasimov de Cinematografía
O Instituto Gerasimov de Cinematografía (en ruso: Всероссийский государственный университет кинематографии имени С. А. Герасимова, que significa "Tódalas Universidades de Cinematografía dos estados Rusos"), chamada despois "S. A. Gerasimov" e coñecida polo seu nome curto VGIK, é un centro de ensinanza de cinema en Moscova, Rusia.
HistoriaEditar
Foi fundada en 1919 polo director de cine Vladimir Gardin sendo a escola cinematográfica máis antiga do mundo.[1]
Desde 1986, a escola pasou a ter o nome do director de películas e actor Sergei Gerasimov. No ano 2008 o Instituto pasou a ser Universidade.
NotasEditar
- ↑ "Историческая справка" (en ruso). Instituto Gerasimov de Cinematografía. Consultado o 2 de setembro de 2008.