Naseeruddin Shah

actor indio

Naseeruddin Shah (en urdú: نصیرالدین شاه, en hindi: नसीरुद्दीन शाह), nado en Barabanki o 20 de xullo de 1950 é un actor e director de cinema indio. Tivo éxito no cinema de Bollywood, no cinema internacional e no cinema alternativo indio.[1][2] Recibiu numerosos premios ao longo da súa carreira, incluído un premio no Festival de Venecia. En 2004 o goberno da India outorgoulle o premio Padma Bhushan polas súas contribucións ao cinema da India.[3]

Infotaula de personaNaseeruddin Shah

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hi) नसीरुद्दीन शाह Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Barabanki, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónAligarh Muslim University (en) Traducir
Minto Circle (en) Traducir
National School of Drama (pt) Traducir
Film and Television Institute of India (en) Traducir
St. Anselm's Ajmer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor de cinema , director de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua hindi Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRatna Pathak (pt) Traducir (1982–) Editar o valor em Wikidata
FillosVivaan Shah (pt) Traducir, Imaad Shah (en) Traducir, Heeba Shah (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsZameerud-din Shah (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0787462 Allocine: 12918 Allmovie: p220864
Musicbrainz: 5975e2d8-530b-4028-abe4-be5f682899a2 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Shah naceu en Uttar Pradesh nunha familia musulmá orixinaria de Meerut.[4] É descendente do caudillo afgán Jan Fishan Khan. Graduouse en artes na Aligarh Muslim University e asistiu á Escola Nacional de Arte Dramática en Delhi.

Debutou como actor en Nishant (1975) con Shabana Azmi. A principios da súa carreira traballou con frecuencia co director Shyam Benegal, actuando en Manthan (1976), Bhumika (1977), Junoon (1978) e Trikaal (1985). Na década de 1980 gañou un Premio National Film ao mellor actor polo seu papel en Sparsh (1980) e actuou en Umrao Jaan (1981) coa actriz Rekha. Un filme de menor orzamento, Bombay Boys (1997), tivo como protagonistas a Shah e Naveen Andrews.

Shah recibiu boas críticas polo seu papel dun cantante de ghazal no filme comercial de Bollywood Sarfarosh (1999). Tamén actuou en filmes internacionais como Monsoon Wedding, The League of Extraordinary Gentlemen e Today's Special.

Vida persoal editar

Na década de 1970, Shah coñeceu a Ratna Pathak, filla da respectada actriz Dina Pathak. Durante as décadas de 1970 e 1980, Naseeruddin Shah e Ratna Pathak coprotagonizaron varios filmes, incluídos Mirch Masala e The Perfect Murder.[5][6]

A parella ten dous fillos, Imaad e Vivaan, ambos actores.

Filmografía editar

Como actor
Ano Filme Papel Notas
1975 Nishant Vishwam
1976 Manthan Bhola
1977 Bhumika Sunil Verma
Tabbaliyu Neenaade Magane Shastri
1978 Junoon Sarfaraz Khan
1979 Sparsh Anirudh Parmar
1980 Aakrosh Bhaskar Kulkarni
Albert Pinto Ko Gussa Kyon Aata Hai Albert Pinto
Bhavni Bhavai Maharaja Dhiraj Chandrasen
1981 Chakra Looka
La Umrao Jaan Gohar Mirza
1982 Bazaar Salim
1983 Jaane Bhi Do Yaaro Vinod Chopra
Katha Rajaram Purshotam Joshi
Masoom D.K. Malhotra
Woh 7 Din Dr. Anand
1984 Paar Naurangia
Mohan Joshi Hazir Ho! Malkani
Holi Profesor Singh
1985 Ghulami SP Sultan Singh
Trikal Ruiz Pereira
Mirch Masala Subedar
1986 Karma Khairuddin Chishti
1987 Jalwa Inspector Kapil
Tamas Telefilme
Ijaazat Mahender
1988 Hero Hiralal Hero Hiralal
Maalamaal Rajkumar Saxena
Pestonjee Pirojshah Pithawala
The Perfect Murder Inspector Ghote
1989 Tridev Jay Singh
1991 Ek Ghar
1992 Vishwatma Suryapratap Singh
Electric Moon Rambuhj Goswami
Chamatkar Amar Kumar
1993 Kabhi Haan Kabhi Naa Father Briganza
Sir Amar Verma
1994 Ponthan Mada Seema Thampuran
Mohra Jindal
1995 Naajayaz Raj Solanki
1996 Chaahat Ajay Narang
1998 Bombay Boys Mastana
China Gate Sarfaraz Khan
Such a Long Journey Jimmy Bilimoria
1999 Sarfarosh Gulfam Hassan
2000 Hey Ram Mahatma Gandhi
2001 Monsoon Wedding Lalit Verma
2003 The League of Extraordinary Gentlemen Capitán Nemo
Maqbool Inspector Purohit
3 Deewarein Ishaan Mirza
2004 Main Hoon Na Shekhar Sharma
2005 Paheli Narrador
Iqbal Mohit
2006 Banaras Babaji
Being Cyrus Dinshaw Sethna
Krrish Dr. Siddhant Arya
Omkara Bhaisaab
2005 Paheli Narrador
Iqbal Mohit
2007 Parzania Cyrus
Amal G.K. Jayaram
Khuda Kay Liye Maulana Wali
Dus Kahaniyaan Shah
2008 Shoot on Sight Comandante de policía Tariq Ali
Jaane Tu... Ya Jaane Na Amar Singh Rathore
A Wednesday! O home da rúa
Maharathi Jaisingh Adenwalla
Mithya Gavde
2009 Barah Aana Shukla
Firaaq Khan sahib
Today's Special Akbar
2010 Ishqiya Khalujan/Khalu/Iftikhar
Rajneeti Bhaskar Sanyal
That Girl in Yellow Boots
2011 The Hunt Coronel
Saat Khoon Maaf

Notas editar

  1. "Naseeruddin Shah says essential for Muslims to stop feeling persecuted, assert claim on India". The Indian Express. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  2. "Naseeruddin Shah: The Angel of Chaos". Journal of Indian Cinema (en inglés). 2020-07-20. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2022. Consultado o 2020-10-26. 
  3. "Padma Awards" (PDF). Ministry of Home Affairs, Government of India. 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2015-10-28. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  4. Spinelli, Italo (2002). Indian Summer: Films, Filmmakers and Stars Between Ray and Bollywood. Edizioni Oliveras. p. 144. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2014. Consultado o 6 de abril de 2019. 
  5. "Did you know why Heeba Shah agreed to play the role of the young Daadisa?". Tellychakkar.com. 17 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  6. "Naseeruddin Shah's son falls off train". The Times of India. 24 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar