Naoko Takeuchi
Naoko Takeuchi (武内 直子 Takeuchi Naoko?), nada na cidade de Kofu, na prefectura de Yamanashi,[1] o 15 de marzo de 1967, é unha artista xaponesa de manga. É coñecida polas series manga Codename: Sailor V (1991–1997) e Sailor Moon (1991–1997).
Naoko Takeuchi | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1967 |
Kōfu | |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Universidade Keio |
Ocupación | ilustradora, Mangaka e letrista |
Cónxuxe | Yoshihiro Togashi |
Coñecida por | Sailor Moon |
Premios | Prêmio de Mangá Kōdansha |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gañou o segundo premio de Banda Deseñada Nakayoshi de Newcomers por Yume ja Nai no Ne (1985) e o premio de Novo Artista por Love Call (1986). O seu seguinte manga Sailor Moon, converteuse nun dos manga máis exitosos e populares do mundo, con máis de 35 millóns de copias vendidas internacionalmente. En 1993, gañou o premio de Manga Kodansha pola serie. Fóra do Xapón, as adaptacións anime de Sailor Moon foron máis exitosas que o manga e considéranse que axudaron a popularizar a animación xaponesa no mundo occidental.
NotasEditar
- ↑ Naoko Takeuchi Anime News Network. Consultado o 10 de maio de 2013.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Naoko Takeuchi na IMDb (en inglés).