Nanina Santos

activista e escritora galega

Nanina Santos Castroviejo, nada na Notaria (Padrenda) o 7 de xaneiro de 1951, é unha escritora galega.

Nanina Santos
Nome completoNanina Santos Castroviejo
Nacemento7 de xaneiro de 1951
 Padrenda
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónactivista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Destacada feminista comezou a súa actividade na clandestinidade. En 1970 entrou na Federación de Comunistas que se fusionaría co Movimiento Comunista. Foi a primeira representante feminina nesta organización e responsábel da estrutura de mulleres do MCG.[1] Participou na creación da Asociación Galega da Muller en 1976.[1]

Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de música no IES Esparis de Brión. Foi directora da revista Andaina. Está especializada en xénero e muller.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 García, Zelia. Saltamos, ed. "Nanina Santos: la alegría de ser feminista" (en Castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2018. Consultado o 11 de maio de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar