Nagarjun
Nagarjun, nado en Satlakha o 11 de xuño de 1911 e finado en Darbhanga o 5 de novembro de 1998, foi un poeta en hindi e maithili, autor tamén dun importante número de novelas, relatos, biografías literarias e libros de viaxe, coñecido como Janakavi, o poeta do pobo[1]
Nome orixinal | (hi) नागार्जुन |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Vaidya Nath Mishra 30 de xuño de 1911 Madhubani district, India (en) |
Morte | 5 de novembro de 1998 (87 anos) Darbhanga district, India (en) |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Pseudónimo literario | नागार्जुन यात्री |
Premios | |
|
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNagarjun naceu como Vaidya Nath Mishra en 1911 en Bihar. A súa nai morreu cando tiña tres anos, e quedou ao coidado dos seus familiares. Estudou sánscrito, pali e prácrito na súa localidade natal e mais en Varanasi e Calcuta. Casou con Aparajita Devi e a parella tivo seis nenos.
Carreira
editarAs súas primeiras composicións foron poemas en maithili co sobrenome de Yatri (यात्री) durante os primeiros anos da década de 1930 e a mediados desa década principiou a escribir poesía en hindi. Durante un tempo foi profesor en Saharanpur (Uttar Pradesh), pero o seu desexo de afondar nos escritos budistas fíxoo ingresar no mosteiro de Kelaniya en Sri Lanka, onde se converteu en 1935 en monxe budista, como xa fixera o seu mentor Rahul Sankrityayan adoptando o nome de "Nagarjun". Mestres estivo no mosteiro estudou tamén o pensamento leninista e marxista. Volveu á India en 1938 e entrou na "Escola Política de Verán" organizada polo dirixente campesiño Sahajanand Saraswati fundador de Kisan Sabha.[2] Incesante viaxante percorreu boa parte da India nas décadas décadas de 1930 e 1940 aínda que entre 1939 e 1942 estivo na cadea por liderar unha axitación campesiña en Bihar.
Xogou un papel importante no movemento Jayaprakash Narayan e pasou polo cárcere durante once meses no coñecido como período de emerxencia (1975-1977).
Obra
editarOs temas da súa poesía son variados. Entre as súas composicións máis coñecidos está Bādal kō Ghiratē Dēkhā hai (hindi: बादल को घिरते देखा है: ), unha crónica de viaxe de seu. A miúdo escribiu tamén sobre asuntos sociais e políticos contemporáneos. O seu poema Mantra Kavita (मंत्र कविता), está amplamente considerado como a reflexión máis precisa da súa propia xeración. En Āō Rānī Hama Ḍhōēṅgē Pālakī (hindi: आओ रानी हम ढोएंगे पालकी: ) humilla sarcasticamente ao entón primeiro ministro da India, Jawaharlal Nehru, pola extravagante benvida que lle deu á raíñaIsabel II. Ademais tamén foi capaz de realizar exercicios de beleza poética en temas máis inusitados, como un poema baseado nunha porca porca ou unha serie de poemas dedicados a un exemplar de Artocarpus heterophyllus. É un dos poucos poetas en hindi que chegou tanto os sectores populares como ás elites indias [3]. O seu poemario en maithili Chatra converteuse nun dos primeiros clásicos modernos nesa lingua[4]. En 1997 publicou un poemario bilingüe hindi-bengalí Mein Militri Ka Boodha Ghoda cos versos que compuxo en bengalí en 1978 e 1979 e tamén deixou algúns poemas en sánscrito en diversas revistas.
Moitas das súas novelas trazan a loita dos desposuídos das castas baixas contra os ricos señores da terra das castas altas en Bihar [5]. Noutras describe a explotación dos marxinados no medio urbano.
Linguas
editarO maithili foi a súa lingua materna e nel escribiu poemas, ensaios e novelas, aínda así a lingua da maioría das súas obras foi o hindi, idioma que empregou tanto en rexistros altamente sanscritizados como na súa forma vernacular. Tamén tiña un bo coñecemento do bengalí e adoitaba escribir para diarios de Bengala, estivo próximo á xeración de poetas coñecida como Bhookhi Peerhi e axudou a Kanchan Kumari a traducir o poema longo de Malay Roy Choudhury, Jakham, ao hindi.
Libros
editarPoesía
editar- Yugdharao
- Kal aur Aaaj
- Satrange Pankhon Wali
- Talab ki Machhliyan
- Khichri Viplava Dekha Humne
- Hazar Hazar Bahon Wali
- Purani Juliyon Ka Coras
- Tumne Kaha Tha
- Akhir Aisa Kya Kah Diya Maine
- Is Gubare Ki Chhaya Mein
- Yeh Danturit Muskaan
- Mein Militri Ka Boodha Ghoda
- Ratnagarbha
- Aise bhi hum kya
- Bhool jao purane sapne
- Apne Khet Mein Chandana
- Fasal
- Akal aur Uske bad
- Harijan Gatha
- Badal ko ghirate Dekha hai
- Aaj main beej hoon
Novelas
editar- Rati Nath Ki Chachi (1948)
- Balachnama (1952)
- Baba Bateshar Nath
- Himalaya ki betiya
- Nai Paudh
- Varun Ke Bete
- Dukh Mochan
- Ugratara
- Jamania Ka Baba
- Kumbhi Pak
- Paro and Asman Mein Chanda Tare.
- Abhinandan
- Imaratia
- Sita Usko
- Navturiya
Ensaios
editar- Ant Hinam Kriyanam.
- Bum Bholenath
- Ayodhya ka raja
Libros en maithili
editar- Patrahin Nagna Gachh (poemario)
- Chitra (1949, poemario)
- Paro (novela)
- Navturiya (novela)
- Balchnma (novela)
Notas
editar- ↑ An ocean of intellect passes into history The Tribune, 29 de novembro de 1998.
- ↑ "Poets of Mithila – Nagarjun". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2004. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ Kulwant Rai Gupta e Amita Gupta (2006) Concise Encyclopaedia Of India, vol.1 Volume 1. Atlantic Publishers, p. 283
- ↑ Amar Nath Prasad (2007) Indian Poetry In English: Roots And Blossoms, vol. 1. Sarup & Sons, p. 230
- ↑ Yogendra Kumar Malik e Carl Lieberman (1975) Politics and the Novel in IndiaBrill Archive, p. 20