O nóumeno, do grego νοούμενα, termo empregado por Platón para falar das ideas, propiamente "o que se pensa", e que é o neutro plural substantivado de νοούμενος, participio presente pasivo de νοέω, noéo, 'comprender', 'intelixir', que é o obxecto tal como sería en si mesmo, introduciuno, na filosofía moderna, Immanuel Kant no contexto das teorías do idealismo obxectivo, doutrina epistemolóxica que se complementa coa teoría metafísica de que o obxecto coñecido non ten máis realidade que o seu ser pensado polo suxeito; mediante a autoconciencia deste, a verdadeira esencia do obxecto desvélase como a actividade subxectiva de pensamento como algo real e non abstracto.

A definición que antecede corresponde as escolas filosóficas que van camiño ao idealismo alemán, e en concreto a Kant. Non obstante, Kant é ao mesmo tempo materialista, pois contempla a existencia do mundo exterior, independentemente do home, cognoscíbel para este, aínda que non na súa totalidade.

O idealismo distingue entre

  1. o fenómeno, que é o obxecto en tanto que é coñecido (como "aparece" fronte aos sentidos e á intelixencia), e
  2. o nóumeno, que é o obxecto tal como sería en si mesmo.

As características principais deste movemento, resumindo, son: Non coñecemos as cousas tal e como son en si (nóumeno), senón o que aparece (percibimos) aquí e agora (fenómeno).

  • O suxeito constrúe, polo menos en parte, o obxecto: para Kant o suxeito é activo no sentido de que inflúe no coñecido a partir das súas estruturas aprióricas e dos procesos que nelas descansan.
  • O coñecemento é independente da experiencia, porque os obxectos do coñecemento son os xuízos a priori.
  • Pero ao coñecemento só podemos chegar a través da experiencia, porque o obxecto do coñecemento son os xuízos sintéticos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar