Néstor Pardo Torrentera
avogado, xornalista e político galego
Néstor Pardo Torrentera, finado en Vigo en novembro de 1917[1], foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | novembro de 1917 Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo do brigadier Víctor Pardo Saavedra[2]. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor de La Concordia, colaborou en Gaceta de Galicia e foi propietario e director de La Cítara. Foi amigo de Ruiz Zorrilla, a quen acompañou no seu desterro en París. Foi xuíz municipal de Lavadores (1912)[3].
Vida persoal editar
Casou con Isolina Trapote en 1890[4].
Notas editar
- ↑ Diario de Pontevedra, 26-11-1917, p. 2.
- ↑ El Noroeste, 29-11-1917, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 9-2-1912, p. 2.
- ↑ El Regional, 11-12-1890, p. 3.