Néstor Pardo

cantante español

Néstor Pardo, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1985, é un músico e cantautor galego.

Infotaula de personaNéstor Pardo
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e guitarra acústica Editar o valor em Wikidata

Discogs: 5477030 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con dezanove anos, en 2004, lidera The Loveless Cousins a súa primeira banda na que exerce como cantante, guitarrista e compositor. Fan música de tipo rockabilly e chegan a editar dous álbums. Realizan frecuentes xiras por España e Europa, actuando como cabezas de cartel en varios festivais dos Países Baixos e Alemaña. Consegue acadar certo prestixio, ata o punto de ser fotografado por Antonio Alay para o seu libro "Rockin' Spain", de instantáneas sobre o rock and roll español.

Abandona a súa cidade natal en 2008 para establecerse en Madrid onde finaliza os estudos de guitarrista profesional en música moderna na Escola de Música Creativa. Toma tamén clases con Diego Araoz e fai un masterclass con Stochelo Rosenberg do reputado The Rosenberg Trio.

En Madrid fai amizade con Roi Fontoira, ex-membro de The Phantom Keys e The Limboos, co que monta en 2009 The Allnight Workers, abandonando The Loveless Cousins, canso dos prexuízos e o ambiente pechado da escena rockabilly. Na nova formación, que fai rhythm and blues e swing, mellora a súa capacidade compositora. Chegan a gravar dous álbums nos estudios Lighting Recordings de Berlín con cancións propias agás un par de versións no primeiro álbum. Fan xiras por toda Europa actuando en varios festivais de jazz e rock and roll. O seu prestixio vai en aumento ata o punto de que Lala Brooks, ex-vocalista de The Crystals, escolle a The Allnight Workers como a súa banda para as xiras europeas.

Regresa á Coruña en 2012 tocando como músico de sesión para distintas formacións locais: Northwest Pickers, The Hot Chocolates, Dixie Lovers, The Honky Tonkin Boozers, Rockers Go To Hell...

En 2013 dedice continuar a súa carreira en solitario. Co único acompañamento da súa guitarra grava un disco con once cancións propias e unha versión do Everybody's Talking de Harry Nilsson. Pasado un tempo únese a Miguel Martínez (contrabaixo) e Adrián Seijas (batería) cos que presenta o seu disco por boa parte do país, e cos que grava o seu segundo traballo en outubro de 2014 nos estudios Santa Cruz Recordings. O disco, con doce cancións de composición propia, sae en xaneiro de 2015 co título de Let It Stay

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar