Némese (estrela)
Némese é unha hipotética estrela anana vermella ou anana marrón, orbitando ó redor do Sol a unha distancia duns 50.000 a 100.000 UA, máis alá da nube de Oort. A existencia desta estrela foi orixinariamente postulada coma parte dunha hipótese que tentaba explicar o ciclo de extincións en masa que está gravado no rexistro xeolóxico.
O reclamo da periodicidade das extincións en masa
editarNo 1984 os paleontólogos David Raup e Jack Sepkoski publicaron un documento reclamando a identificación da periodicidade estatística das extinción en masa datadas nos últimos 250 millóns de anos usando varios métodos coma a análise de series temporais.[1] Eles centráronse na intensidade da extinción nos fósiles de vertebrados mariños, invertebrados e protozoos, identificando 12 eventos de extinción dentro do período en cuestión. O intervalo de media entre os eventos de extinción foi determinada en 26 millóns de anos. Até o de agora, dous dos eventos identificados, (Cretácea-Terciaria e o Eoceno) tardío non coinciden con eventos de grande impacto. Dicir tamén que Raup e Sepkoski non puideron identifica-la causa da suposta periodicidade, suxerindo unha posible conexión non terrestre. O reto para propor un mecanismo que explicase esta periodicidade foi rapidamente requirido por varios equipos de astrónomos.
Desenvolvemento da hipótese de Némese
editarDous equipos de astrónomos, Whitmire e Jackson, e Davis, Hut, e Muller, publicaron independentemente dúas hipóteses semellantes para explica-la periodicidade da extincións suxeridas por Raup e Sepkoski na mesma publicación Nature.[2][3] Esta hipótese propuña que o Sol podería ter unha estrela acompañante aínda sen detectar cunha orbita extremadamente elíptica que periodicamente crearía perturbacións nos cometas da nube de Oort, causando un grande aumento do número de cometas que visitarían a parte interior do Sistema Solar, co seu consecuente incremento nos posibles impactos cos planetas interiores, en concreto coa Terra. Esta é a razón pola cal é chamada a hipótese Némese (ou máis espectacularmente, A Estrela da Morte).
Se existe, a natureza exacta de Némese é descoñecida. Richard A. Muller suxire que o obxecto máis concordante sería unha anana vermella cunha magnitude de entre 7 a 12,[4] onde Daniel P. Whitmire e Albert A. Jackson discutían e razoaban en torno a posibilidade de que fose unha anana marrón. Se fose unha anana vermella, esta debería estar sen ningunha dúbida nalgún dos catálogos estelares que existen, pero a súa natureza só pode ser detectada medindo a súa paralaxe; debido a que orbitaría ó noso Sol, esta debería ter un movemento propio moi baixo, escapando así das procuras de estrelas por movemento propio que atoparon estrelas coma a estrela de Barnard de magnitude 9.
O evento de maior extinción foi ó redor de hai uns 5 millóns de anos, así pois Muller propón Némese estaría ó redor de entre un 1-1,5 anos luz, e tamén propón algunhas áreas do firmamento (apoiado por Yarris, 1987) onde podería estar Némese, sería preto de Hydra, baseándose na hipotética orbita derivada do apoxeo orixinal dun bo número de cometas de atípica longa periodicidade cuns arcos semellantes ás especificacións da hipótese de Muller.
Á procura de Némese
editarSe Némese existe, podería ser detectada polas procuras astronómicas planificadas tales coma a Pan-STARRS ou LSST, ou proxectos semellantes no futuro. Se Némese é unha anana marrón, coma propoñen o Dr. Dan Whitmire e Albert A. Jackson IV, a próxima misión WISE (planificada para novembro do 2009) debería atopala con relativa facilidade.
A hipótese do décimo planeta
editarEn outubro de 1999, o astrónomo británico John Murray anunciou que descubrira un décimo planeta, ó que chamou Nibiru (non confundir co planeta Nibiru proposto por Zecharia Sitchin) e que polas súas características sería semellante a Némese, mentres estudaba uns cometas nos lindeiros do noso Sistema Solar. Segundo Murray, o novo planeta ou estrela acompañante xiraría ó redor do Sol a unha distancia 1.000 veces máis distante que Plutón, se ben tal teórico descubrimento non puido ser finalmente verificado.
Outras hipóteses
editarMatese e Whitman suxeriron que a suposta periodicidade das extincións podía ser debida pola oscilación do sistema solar ó cruza-lo plano galáctico da Vía Láctea. Estas oscilación provocarían as mesmas distorsións gravitacionais que Némese na nube de Oort, coas súas nefastas consecuencias. Porén, o período desta oscilación non está moi definido, co cal podería diverxer dos necesarios 26 millóns de anos por máis dun 40%.
Previamente, na década de 1980, presentouse a hipótese Shiva, que vinculaba as extincións en masa con ciclos de 30 millóns de anos.
Hipótese controvertida
editarDende finais dos noventa até hoxe en día esta hipótese aparece e desaparece nos medios de comunicación de carácter científico, sendo ás veces ridiculizada e outras veces apoiada. A meirande parte dos científicos móvese entre o escepticismo e un pequeno interese, aínda que existe algún grupo que a apoia dun xeito máis ou menos discreto. Porén segue a ser unha hipótese "pouco recoñecida".
Así pois, Némese segue a ser un obxecto hipotético dentro do noso sistema solar.
Notas
editar- ↑ Raup, D.M.; Sepkoski, J.J. (01-02-1984). "Periodicity of Extinctions in the Geologic Past" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences 81 (3): 801–805. doi:10.1073/pnas.81.3.801. 6583680. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01-10-2007. Consultado o 2007-04-30.
- ↑ Whitmire, D.P.; Jackson, A.A. (1984). "Are periodic mass extinctions driven by a distant solar companion?". Nature 308 (5961): 713–715. doi:10.1038/308713a0.
- ↑ Davis, M.; Hut, P., Muller, R.A. (1984). "Extinction of species by periodic comet showers". Nature 308: 715–717. doi:10.1038/308715a0.
- ↑ http://muller.lbl.gov/pages/lbl-nem.htm Muller.lbl.gov Consultado no 19-05-07
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Némese, por Richard A. Muller (Weidenfeld and Nichoson, 1988, OP) (en inglés)
- Measurement of the lunar impact record for the past 3.5 billion years, and implications for the Nemesis theory, Geological Society of America Special Paper 356, pp 659-665 (2002).I (en inglés)
- Vídeo de Richard A. Muller onde describe a Teoría de Némese (en inglés)
- Documental sobre Némese e o Planeta X (en inglés)
- Némese: Ten o Sol un 'Compañeiro'?, Space.com, 3 de abril de 2001. (en inglés)
- TeV scale gravity, mirror universe, and ... dinosaurs Arquivado 08 de abril de 2016 en Wayback Machine., Acta Physica Polonica B32 (2001) 99-128. (Proporciona unha visión moi entretida e lexible da hipótese da extinción de Némese, incluíndo ducias de referencias a artigos científicos sobre o tema.) (en inglés)
- Exit Mundi, Némese, un escenario da fin do mundo. (en inglés)
- Existen planetas espello no noso sistema solar? Arquivado 23 de abril de 2016 en Wayback Machine. Acta Physica Polononica B32 (2001) pp. 2271-2278. (en inglés)
- Evidencias dunha estrela compañeira do noso sol (SpaceDaily) Apr 25, 2006 (en inglés)
- Artigo sobre as extincións cada 62 millóns de anos (en castelán)
- Máis evidencias para unha estrela compañeira do Sol (en castelán)