Xamena

(Redirección desde «N'Djamena»)

Xamena[1] (en árabe: Niǧāmīnā نجامينا), denominada antes de 1973 Fort-Lamy, é a capital e a cidade maior da república do Chad, cuns 993.442 habitantes en 2009 (a súa área metropolitana calcúlase que alcanza algo máis de 1.500.000 habitantes. Xamena é tamén unha rexion rexida por un estatuto particular (decreto n° 419/PR/MAT/02), que está dividida en 10 distritos municipais. Con todo, a capital económica do país é Moundou.

Modelo:Xeografía políticaXamena
N’Djaména (fr)
انجمينا (ar) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 12°07′N 15°03′L / 12.11, 15.05Coordenadas: 12°07′N 15°03′L / 12.11, 15.05
EstadoChad Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.092.066 (2012) Editar o valor em Wikidata (10.920,66 hab./km²)
Lingua usadaLíngua logone (pt) Traducir
Malgbe (en) Traducir
Maslam (en) Traducir
Mser (en) Traducir
Lingua musgu
Mpade (en) Traducir
Beraku (en) Traducir
Bagirmi (en) Traducir
Língua de Sinais do Chade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie100 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Chari Editar o valor em Wikidata
Altitude298 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Fort Lamy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación29 de maio de 1900 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico235 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2TD-ND Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Historia editar

Xamena foi fundada por Émile Gentil, o 29 de maio de 1900, sobre o asentamento dunha pequena aldea kotoko, co nome de Fort-Lamy, en lembranza do comandante François Joseph Amédée Lamy, morto na batalla de Kousseri algúns días antes. No 6 de novembro de 1973, o presidente chadiano, François Tombalbaye, rebautizouna a Xamena, tomando o nome dunha pequena aldea árabe veciña (Am Djamena, significa "lugar de descanso").

A cidade padeceu graves destrucións en 1979 e, sobre todo en 1980, con ocasión da guerra civil. Unha boa parte da poboación de orixe meridional abandonou daquela Xamena.

Xamena repobouse fortemente con posterioridade, sen que se realizasen grandes obras de acondicionamento e nin sequera de reparación. As infrastruturas existentes non son suficientes para faceren fronte ás necesidades dos seus habitantes (rede viaria, subministración de auga, cloacas, recollida de lixo, electricidade etc).

Xeografía editar

A cidade de Xamena está situada na confluencia do río Chari co seu tributario Logone, e en fronte da cidade camerunensa de Kousseri, á cal está unida por unha ponte.

 
Climodiagrama de Xamena.

Clima editar

Ndjamena está situada na zona do sahel africano coñecida como o sahel dos sedentarios que recibe precipitacións dabondo para permitir o cultivo das terras. Porén, as precipitacións son nulas durante 5 meses por ano, desde novembro a marzo, en tanto que os meses de xullo e agosto son moi chuviosos, contándose 144 mm e 175 mm respectivamente.

Demografía editar

Evolución :

Educación editar

Xamena acolle diversos establecementos escolares e universitarios. Entre estes están: a Universidade de Xamena, de carácter público, creada en 1970 e a Universidade "Roi Fayçal"[2], privada, e de ideoloxía islámica.

Conta ademais, ao estilo francés, con varias escolas superiores:

  • ISSED - Instituto Superior de Ciencias da Educación
  • ENAM - Escola Nacional da Administración e da Maxistratura
  • EIE - Escola Superior de Electrónica e de Informática
  • ENASS - Escole Nacional de Ciencias da Enfermería e Sociais
  • INJS - Instituto Superior da Xuventude e dos Deportes
  • ENS - Escola Normal Superior
  • ENTP - Escola Nacional de Obras Públicas
  • ISTAP - Instituto Superior de Técnicas Aplicadas

Galería fotográfica editar

As seguintes fotos carecen de data, pero deben ser da década de 1960.

Comunicacións editar

Xamena carece de comunicacións ferroviarias, máis é un importante cruzamento das grandes estradas africanas. A cidade é punto terminal da Estrada Transaheliana, que a une con Dakar, e, ao tempo, é o punto de partida da Estrada Xamena-Xibuti. A máis longa vía africana, a Estrada Trípoli-Cidade do Cabo, pasa tamén pola capital chadiana.

Posúe Xamena aínda o Aeroporto Internacional Hassan Djamous.

Notas editar

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. "Université Roi Fayçal". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 08 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar