Myioborus torquatus

Myioborus torquatus é unha especie de ave paseriforme da familia Parulidae que habita en América Central, onde as aves deste xénero reciben o nome de candelitas.[2][3]

Myioborus torquatus en Dota, Costa Rica.

Descrición editar

Mide arredor de 12,5 cm de longo e pesa unha media de 11 g. A parte superior do seu píleo é castaña avermellada e está enmarcada polo negro do resto do píleo e a fronte. O seu dorso é de cor gris escura e o resto das súas partes superiores son anegradas, coas plumas exteriores da cola brancas. A cara e as partes inferiores son de cor amarela intensa, agás unha banda anegrada que cruza pola parte superior do pescozo con forma de colar.

Ambos os sexos teñen un aspecto similar, e os individuos xuvenís teñen unha plumaxe menos rechamante, co dorso pardacento, e a cabeza negra, sen os tons amarelos e castaño avermellados dos adultos, as súas partes inferiores son dun amarelo máis apagado e carecen da mancha avermellada do píleo.

Distribución e hábitat editar

Esta especie é endémica das montañas de Costa Rica e o oeste de Panamá. Encóntrase nas selvas de montaña entre os 1500 m e o límite superior do bosque, ademais de nos barrancos e pasteiros adxacentes.

Comportamento editar

 
Exemplar xunto ao seu niño.

Aliméntase de insectos, e con frecuencia estende a súa cola mentres persegue as súas presas. Adoita formar parte de bandadas mixtas de alimentación e con frecuencia segue ao gando para apañar os insectos que espantan os mamíferos.

A súa época de cría é entre marzo e maio. Constrúe un niño cuberto no chan ou un terraplén costento, agochado entre a vexetación ou baixo un tronco caído. Constrúe o seu niño cunha entrada redonda e utiliza herbas, codias de árbores, fibras vexetais e follas. A femia pon dous ou tres ovos brancos ou de cor crema con pequenas pintiñas pardas. Choca os ovos durante unhas dúas semanas.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). «Myioborus torquatus». Lista Vermella de especies ameazadas da UICN 2013.1 (en inglés).
  2. De Juana, E; Del Hoyo, J; Fernández-Cruz, M; Ferrer, X; Sáez-Royuela, R; Sargatal, J (2010). Nombres de aves. Sociedad Española de Ornitología. Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Ardeola 57 (2): 449–456. (en castelán)
  3. Ficha en Avibase.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar