Museo Real do Exército dos Países Baixos
- Non confundir con: Koninklijk Legermuseum (Museo Real do Exército), con sede en Bruxelas, Bélxica
O Koninklijk Nederlands Legermuseum (en galego: "Museo Real do Exército dos Países Baixos), máis coñecido pola súa forma abreviada Legermuseum, foi o museo nacional das Forzas Armadas dos Países Baixos, con sede no edificio coñecido como Armamentarium, ao pé da canle Oude Delft, na vila surholandesa de de Delft, desde 1986 ata 2013. O edificio recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.[1]
Museo Real do Exército dos Países Baixos (Koninklijk Nederlands Legermuseum) Edificio Armamentarium | |
---|---|
O edificio Armamentarium en 2005, cando aínda albergaba o Legermuseum | |
Edificio | |
Tipo | Edificio histórico |
Localización | ![]() ![]() ![]() |
Coordenadas | 52°00′23″N 4°21′36″L / 52.0065, 4.36Coordenadas: 52°00′23″N 4°21′36″L / 52.0065, 4.36 |
Uso(s) | De 1986 a 2013: Legermuseum (museo militar). Actualmente: sede da TU Delft e outros. |
Construción | |
Construción | 1601-1602 |
Remodelación | 1660 e 1692 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A partir dese ano fusionouse co Museo da Aviación Militar (Militaire Luchtvaartmuseum), vinculado á antiga base aérea de Soesterberg, na provincia de Utrecht, onde se estableceu o novo Museo Militar Nacional (Nationaal Militair Museum).
HistoriaEditar
Prolegómenos en Arnhem e LeidenEditar
O museo orixinouse a partir da colección privada de Federic Adolph Hoefer, quen adquiriu o castelo de Doorwerth, próximo á vila de Arnhem, na provincia de Güeldres, para o amosar ao público. O 5 de agosto de 1913 inaugurouse alí o Museo de Artillaría dos Países Baixos (Nederlandsch Artillerie Museum), que o Goberno rebautizou posteriormente como Fundación Museo do Exército dos Países Baixos
Pouco despois do estoupido da II Guerra Mundial decidiuse trasladar o museo desde o castelo de Doorwerth ao Pesthuis (un grande edificio de 1661 cualificado como monumento nacional), na localidade de Leiden, mais a guerra demorou os traballos de restauración e o traslado non chegou a producirse ata 1956.
En 1959 a Fundación pasou a xestionar tamén o edifificio coñecido como Armamentarium (construído entre 1601 e 1692 e que recibira a condición de "real" en 1973), en Delft, onde se levou a cabo unha exhibición temporal, xa en 1986, inaugurada polo Príncipe Bernardo, marido da Raíña Xuliana.
O Legermuseum de DelftEditar
O museo quedou entón aberto nas súas novas instalacións de Delft, que foron inauguradas oficialmente en 1989 pola Raíña Beatriz.
O novo complexo pasou a albergar o chamado Real Museo Histórico Militar (Koninklijk Militair Historisch Museum), co propósito de proporcionar aos visitantes unha visión completa das guerras nas que participaron os Países Baixos. Mentres o museo permaneceu en Delft tivo unha media de 61.000 visitantes anuais.[2]
Logo da fusiónEditar
A partir da fusión co Museo da Aviación Militar en Soestermberg e do traslado das exposicións en 2013, buscouse un novo uso para o edificio do Armamentarium.
Unha parte das instalacións é utilizada desde 2014 temporalmente pola Universidade de Tecnoloxía de Delft.[3][4]
En 2015 o edificio vendeuse a unha sociedade de investimentos que proxecta destinar as instalacións nos próximos anos a un hotel e un restaurante.[5]
NotasEditar
- ↑ Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- ↑ Estatísticas de 2006[Ligazón morta] na web do Concello de Delft. (En neerlandés)
- ↑ Anuncio do comezo das actividades da Universidade de Tecnoloxía de Delft nas instalcións do Armamentarium[Ligazón morta]. No sitio web oficial do edificio. (En neerlandés)
- ↑ "Classes at the Armamentarium". En Delta.TUDelft.nl. (En inglés)
- ↑ "Armamentarium. Reurbanización do edificio histórico no centro de Delft". En ArsenalDelft-nl. (En neerlandés)
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Van der Meij, J. Catalogus van de Historische Bibliotheek van het Koninklijk Nederlands Legermuseum. Historische Bibliotheek. Delft. 1975.
Ligazóns externasEditar
- Sitio web do edificio Armamentarium (en neerlandés)
- Sitio web oficial do Museo Militar Nacional (en inglés)