Murallas de Xerusalén

As murallas de Xerusalén (árabe: أسوار القدس; hebreo: חומות ירושלים) rodean a cidade vella de Xerusalén. As actuais murallas foron construídas entre 1535 e 1538 por orde do sultán Suleiman I, cando a cidade pertencía ao Imperio Otomán.

Murallas de Xerusalén
Vista da Muralla
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísXerusalén[1]
Israel (de facto)
Localización43°0′40″N 7°33′12″O / 43.01111, -7.55333
TipoCultural
CriteriosII, III, VI
Inscrición1981
Rexión da UNESCODistrito de Xerusalén[2]
Identificador148

En 1981, foron agregadas, xunto coa cidade vella de Xerusalén, á lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco.[3]

As murallas de Xerusalén, que foron construídas orixinalmente para protexer as fronteiras da cidade contra intrusións, serven hoxe principalmente como unha atracción turística, xa que deixaron de servir como un medio de protección para a cidade.[4].

Dimensións editar

Miden 4.018 metros, a súa altura media é de 12 metros e o seu espesor medio é de 2,5 metros. Ten 34 torres de vixilancia e 8 portas.[5]

Portas editar

Portas abertas editar

Galego

Hebreo Árabe Nomes alternativos Ano de construción Localización
Porta Nova Xa'ar HeJadash Al-Bab al-Jedid Porta de Hammid 1887 Oeste ao lado norte
Porta de Damasco Xa'ar Shjem Bab al-Amoud Xa'ar Damesek, Porta de Nablus, Porta do Pillar 1537 Centro ao lado norte31°46′53.71″N 31°46′53.71″N 35°13′48.77″L / 31.7815861, -35.2302139 / ,


Porta de Herodes Xa'ar HaPrajim Bab-a-Sahairad Porta das Flores, Xa`ar Hordos descoñecido Este ao lado norte
Porta dos Leóns Xa'ar HaArayot Bab Sittna Maryam Porta de Yehoshafat, Porta de Santa María, Porta de San Esteban, Porta das Tribos 1538-39 Norte ao lado leste
Porta do esterco Xa'ar HaAshpot Bab al-Maghariba Porta de Silwan, Porta de Mograbi, Xa'ar HaMugrabim 1538-40 Este ao lado Sur
Porta de Sion Xa'ar Tzion Bab al-Nabi Dá'oud Porta do Barrio Xudeu, Porta de David 1540 Centro ao lado sur
Porta de Iafa Xa'ar Yaffo Bab al-Khalil Porta do templo de David, Porta de Hebron 1530-40 Centro ao lado oeste

Notas editar

  1. 148 Proposto como Patrimonio da Humanidade por Xordania. Segundo o disposto pola Unesco, a situación de Xerusalén é excepcional, porque non hai un acordo político xeral sobre o seu status. Certos países declaran que acatarían a situación definida no plan de partición de Nacións Unidas de 1947, que consideraba a Xerusalén como un corpus separado, no pertencente nin a Israel nin a Xordania.
  2. UNESCO World Heritage Centre
  3. Report of the 1st Extraordinary Session of the World Heritage Committee
  4. Présentation de la vieille ville de Jérusalem Arquivado 16 de maio de 2012 en Wayback Machine., sur le site de l'office de tourisme d'Israël.
  5. Menashe Har-El, Golden Jerusalem, p. 194-196

Véxase tamén editar