A Porta de Damasco (árabe: باب العامود, hebreo: שער שכם , Sha'ar Sh'khem) é unha das principais entradas á cidade vella de Xerusalén.[1] Está situada na muralla ao noroeste da cidade e conéctase cunha autoestrada ata Nablus, que segundo a Biblia hebrea coñecíase como Shechem ou Sichem, e desde alí, ata a capital de Siria, Damasco. Por isto o seu nome moderno é Porta de Damasco, mentres que en hebreo moderno o seu nome é Sha'ar Shkhem (שער שכם), que significa Porta de Shechem, ou Porta de Nablus.[1][2] En árabe un dos seus nomes é Bab al-Nasr (باب النصر) que significa "porta da vitoria," e Bab al-Amud (باب العامود) que significa "porta da columna".[1] Este último nome, en uso continuado polo menos desde o século X, preserva a memoria da columna romana que se erixía sobre a praza que hai detrás da porta e que data do século II.[2][3]

A Porta de Damasco en 2013.

Descrición editar

A Porta de Damasco está franqueada por dúas torres, cada unha delas equipadas cun matacán. A porta sitúase no límite dun bazar árabe e dun mercado no barrio musulmán da cidade vella. En contraste coa Porta de Iafa, onde as escaleiras ascenden cara á porta, na de Damasco as escaleiras descenden cara a ela. Ata 1967, a porta tiña unha torreta con crestería que quedou danada trala batalla por tomar o control da porta durante a guerra dos Seis Días. En agosto de 2011, Israel restaurou a torreta, incluíndo as seteiras, axudándose de imaxes de comezos do século XX tomadas durante o Mandato Británico.[4]

 
A porta da época romana situada debaixo da Porta de Damasco

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 LaMar C. Berrett (1996). Discovering the World of the Bible (3rd ed.). Cedar Fort. p. 61. ISBN 978-0-910523-52-3. 
  2. 2,0 2,1 Adrian J. Boas (2001). Jerusalem in the time of the crusades: society, landscape, and art in the Holy City under Frankish rule (Illustrated, reprint ed.). Routledge. p. 53. ISBN 978-0-415-23000-1. 
  3. David Samuel Margoliouth (2010). Cairo, Jerusalem & Damascus: Three Chief Cities of the Egyptian Sultans. Walter S. S. Tyrwhitt, illustrator. Cosimo, Inc. p. 329. ISBN 978-1-61640-065-1. 
  4. Mazori, Dalia (16 August 2011). 'הכתר' של שער שכם בי-ם שוחזר מחדש ["The crown" of Damascus Gate in Jerusalem restored]. Nrg Maariv (en Hebrew). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 17 August 2011. עתה, בתום עבודות שימור נרחבות, שוחזר הכתר והמבקרים יכולים ליהנות מיפי השער במלוא הדרו. 

Véxase tamén editar