Muiñeira corrida

A muiñeira corrida, é un baile agarrado galego que naceu como mestura da muiñeira co importado pasodobre.[1]

Muiñeira corrida
Agarrados galegos. Infografía
Orixe culturalGalicia Galicia
Zona de conservaciónBergantiños
Derivado dePasodobre
Muiñeira

Características editar

Bailase por un número indefinido de parellas colocadas en roda e agarradas. Ten dúas partes: unha primeira na que se baila un pasodobre avanzando en círculo no sentido contrario as agullas do reloxo; e unha segunda, a ritmo de muiñeira, na que as parellas fan un galope característico no mesmo sentido do baile ou cara a dentro e fóra da roda.[2]

Era un baile moi popular nas foliadas da comarca de Bergantiños, onde a festa adoitaba rematar cunha muiñeira corrida na que era obrigado cambiar de parella a un sinal dado polas cantadoras. Atendendo a este aviso os bailadores tiñan que cumprir axiña para poder escoller a súa nova parella.[3]

Referencias editar

  1. Martínez Sanmartin (1998). p.129
  2. Camafeita, Olga (2001). "Muiñeira Corrida". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  3. de la Ossa, Sergio (2009). Así fan os bailadores... Dos Acordes. pp. 47–48. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar