MuSIASEM ou Multi-Scale Integrated Analysis of Societal and Ecosystem Metabolism,[1][2][3][4] é un método de contabilidade usado para analizar socioecosistemas e simular posibles patróns de desenvolvemento, examinando como as sociedades usan os recursos e o impacto que isto ten nos ecosistemas. O seu obxectivo é analisar e simular posibles modelos de desenvolvemento. Para facelo, ten en conta distintos niveis (como o económico, demográfico ou enerxético) e mantén a coherencia entre eles

Historia e propósito editar

Este enfoque foi creado arredor de 1997 por Mario Giampietro e Kozo Mayumi,[5] e foi desenvolvido desde entón polo grupo IASTE da Universidade Autónoma de Barcelona.[6] MuSIASEM permite caracterizar os modelos metabólicos dos sistemas socioecolóxicos, ou sexa, como e por que os humanos usan os recursos e como este uso afecta os ecosistemas.

Usando MuSIASEM, podemos examinar diferentes alternativas en termos de factibilidade (compatibilidade con procesos fóra do noso control), viabilidade (compatibilidade con procesos que podemos controlar) e desirabilidade (compatibilidade coas nosas normas e institucións).

MuSIASEM pretende ser unha ferramenta útil para entender como as nosas actividades afectan ao ambiente e como podemos facer un desenvolvemento máis sustentable. A versión 2.0 de MuSIASEM, foi probada en varios estudos de caso.

Aplicacións editar

MuSIASEM usouse para analizar sistemas agrícolas, biocombustibles, enerxía nuclear, sostibilidade do uso da auga, xestión de residuos urbanos e metabolismo urbano en países en desenvolvemento, entre outros. Ademais, aplicouse a diferentes escalas: municipal, rexional, estatal e supranacional (en Laos rural, Cataluña, China, Europa, Illas Galápagos etc.)

A FAO probou a utilidade do método e en Ecuador usouse para formar ao persoal do Secretariado Nacional para o Desenvolvemento e Planificación. Tamén se aplicou para analizar o metabolismo urbano de Shanghai.

Notas editar

  1. Giampietro M, Mayumi K (2000). Multiple-Scale Integrated Assessment of Societal Metabolism: Introducing the Approach. Population and the Environment 22.2:109-153.
  2. Giampietro M, Mayumi K (2000). Multiple-Scale Integrated Assessments of Societal Metabolism: Integrating Biophysical and Economic Representations Across Scales. Population and the Environment 22.2:155-210.
  3. Giampietro, M., Mayumi, K. and Bukkens, S.G.F. 2001. Multiple-scale integrated assessment of societal metabolism: an analytical tool to study development and sustainability. Environment, Development and Sustainability 3 (4): 275-307.
  4. Cadillo Benalcazar, Juan; Aguirre Fernández de Lara, Roberto; Fraga Ramos, Evelyn; Rosero, Gabriel; Llive, Freddy; Meneses Játiva, Pablo; Arroba Benítez, Francisco; Liger-Cisneros, Belen; Jaramillo Proaño, Santiago (2015-01). "Potencial de la gramática del MuSIASEM en la representación del análisis de la sostenibilidad". 
  5. Giampietro, M. and Mayumi, K. 1997. A relational model of socioeconomic systems based on hierarchy theory and its application to sustainability. Structural Change and Economic Dynamics 8, 453-469.
  6. "Integrated Assessment: Sociology, Technology and the Environment (IASTE) - Dipòsit Digital de Documents de la UAB". ddd.uab.cat (en catalán). Consultado o 2023-07-30. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar