Metabolismo social

O metabolismo social ou metabolismo socioeconómico é o conxunto de fluxos de materiais e de enerxía que se producen entre a natureza e a sociedade, e entre distintas sociedades entre si, levados a cabo cunha forma cultural específica.[1][2]

Os procesos metabólicos sociais comezan coa apropiación por parte dos seres humanos de materiais e enerxía da natureza. Estes poden ser transformados e circular para ser consumidos e finalmente excretados de novo á propia natureza. Cada un destes procesos ten un impacto ambiental diferente dependendo da maneira na que se realizan, a cantidade de materiais e enerxía implicados no proceso, a área onde se produce, o tempo dispoñible ou a capacidade de rexeneración da natureza.[1][2]

A pesar de que gran parte dos estudos sobre metabolismo social redúcense á entrada e saída de materiais e enerxía dun Estado (importacións e exportacións) pola facilidade de acceso á información sobre transaccións mercantís,[3][4] o metabolismo social tamén se ocupa de estudar en detalle outros procesos metabólicos, como os efectuados en sociedades máis pequenas, os servizos que a natureza presta aos seres humanos, así como a forma cultural concreta que as persoas adoptan ao desenvolver cada proceso.[1][2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar