Movemento Popular Democrático

O Movemento Popular Democrático, anteriormente chamado Alianza Democrática Turnhalle, é unha agrupación de partidos políticos de Namibia, rexistrada como un partido unido con fins de representación parlamentaria.

Movemento Popular Democrático
Partido político de Namibia
Dirixentes e organización
LíderMcHenry Venaani
MocidadesPDM Youth League
Filiación internacionalUnión Internacional Demócrata
Historia
Fundaciónnovembro de 1977
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Outros datos
SedeWindhoek, Namibia
Na rede
http://www.dtaofnamibia.org/

En coalición coa Fronte Democrática Unida (FDU) constituíu a oposición oficial no parlamento até as eleccións parlamentarias de 2009. O partido actualmente mantén cinco escanos na Asemblea Nacional de Namibia, un escano no Consello Nacional de Namibia e é a oposición oficial. McHenry Venaani é presidente do PDM.

O PDM é membro asociado da Unión Internacional Demócrata, un grupo transnacional de partidos políticos nacionais identificados xeralmente co conservadorismo político de centro dereita, que é membro da Unión Democrática de África, creada en Accra (Ghana) en febreiro de 2019.

Historia editar

 
O histórico edificio Turnhalle de Windhoek, hoxe a sede da Comunidade de Desenvolvemento da África Austral (SADC).

O partido formouse como Alianza Democrática Turnhalle en novembro de 1977 como resultado da Conferencia Constitucional de Turnhalle celebrada en Windhoek entre 1975 e 1977, e como contrapeso e principal oposición á Organización do Pobo de África do Suroeste (SWAPO).[1] Os participantes da Conferencia Constitucional saíron do Comité Constitucional pola insistencia do Partido Nacional de manter a lexislación do apartheid na nova constitución. Tanto a conferencia como o ADT recibiron o nome do edificio Turnhalle, nome alemán do edificio de Windhoek onde se celebrou a Conferencia.[2]

A ADT gañou as eleccións lexislativas de África do Suroeste en 1978 por unha esmagadora maioría, reclamando 41 dos 50 escanos. Isto debeuse en gran parte á "intimidación xeneralizada",[3] e a presenza de tropas surafricanas, particularmente no norte do territorio.[4]

O goberno interino posterior, formado por unha Asemblea Nacional e un Consello de Ministros, durou até o 18 de xaneiro de 1983 cando, debido á inxerencia continuada do Administrador Xeral surafricano, o Consello de Ministros dimitiu. O 18 de xaneiro de 1983 Suráfrica aceptou a disolución tanto do corpo lexislativo como do executivo, sen que se fixasen eleccións, e asumiu de novo a autoridade administrativa sobre África do Souroeste.[5][6][7]

Este baleiro durou até o 17 de xuño de 1985, cando o Goberno de Transición de Unidade Nacional (GTUN) foi instalado polo Administrador Xeral surafricano. As súas accións lexislativas e executivas estiveron sometidas a aprobación surafricana,[8] co Administrador Xeral recentemente nomeado, Louis Pienaar, tendo o dereito de veto a todas as lexislacións.[9] O GTNU era percibido como un organismo en gran parte impotente que buscaba unha reforma moderada, pero foi incapaz de obter o recoñecemento das Nacións Unidas.[10] A ADT tamén dominou este goberno, aínda que non con maioría absoluta: na Asemblea Nacional de 62 escanos a ADT ocupaba 22, e cinco partidos máis pequenos obtiveron 8 escanos cada un.[9] O 1 de marzo de 1989 o GTNU foi suspendido segundo os termos da Resolución 435 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas,[5] para que dera paso a un goberno independente, determinado polas eleccións parlamentarias que se celebraron en novembro de 1989]. O SWAPO gañou as eleccións, quedado en segundo lugar a ADT.[11][12]

A asociación no pasado da ADT co goberno do apartheid antes da independencia de Namibia segue afectando a súa imaxe pública actual. O 4 de novembro de 2017, días despois do seu 40º aniversario, o partido pasou a denominarse Movemento Popular Democrático co fin de facilitar a modernización e desbotar o seu nome "colonial".[13]

Notas editar

  1. Kangueehi, Kuvee (22 de outubro de 2004). "DTA 'Down but Not Out'". New Era (Namibia). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  2. Dierks, Klaus. "Chronology of Namibian History, 1977". klausdierks.com. Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  3. Okoth, Assa (2006). A History of Africa: African nationalism and the de-colonisation process [1915–1995] 2. East African Publishers. p. 195. ISBN 9966253580. 
  4. Dierks, Klaus. "Chronology of Namibian History, 1978". klausdierks.com. Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Democratic Elections in Namibia. An International Experiment in Nation Building 1989, p. 12.
  6. Owen, Robert C. (Winter 1987–88). "Counterrevolution in Namibia". Air & Space Power Journal. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  7. Nohlen, Dieter; Krennerich, Michael; Thibaut, Bernhard (1999). Elections in Africa: a data handbook. Oxford University Press. p. 660. ISBN 0-19-829645-2. Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  8. Dierks, Klaus. "Chronology of Namibian History, 1985". klausdierks.com. Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  9. 9,0 9,1 Democratic Elections in Namibia. An International Experiment in Nation Building 1989, p. 13.
  10. DTA 'Down but Not Out' Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. RehobothBasters.org
  11. Namibia Arquivado 01 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Tiscali Encyclopedia.
  12. Wren, Christopher S (15 de novembro de 1989). "Namibia Rebel Group Wins Vote, But It Falls Short of Full Control". New York Times. 
  13. Iikela, Sakeus (6 de novembero de 2017). "Exit DTA, enter PDM". The Namibian. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar