Movemento 5 Estrelas

partido político italiano

O Movemento 5 Estrelas (en italiano, MoVimento 5 Stelle ou M5S) é un movemento, autodefinido coma un non partido italiano, xurdido en 2009 baixo o liderado do comediante Beppe Grillo, coa finalidade de desprazar aos partidos tradicionais, e colocar cidadáns correntes no poder para estabelecer unha democracia directa a través do uso de Internet.

Movemento 5 Estrelas
Logo
AcrónimoM5S
Tipopartido político
IdeoloxíaPopulismo, Política verde, Euroescepticismo, Decrecemento, Democracia directa, democracia virtual e Anticorrupção
Data de fundación4 de outubro de 2009
Fundador(es)Beppe Grillo e Gianroberto Casaleggio
Presidente/aBeppe Grillo (2009-) Editar o valor en Wikidata
Nº de membros87.656 (2014) Editar o valor en Wikidata
SedeRoma
PaísItalia
Na rede
https://www.movimento5stelle.it e https://www.movimento5stelle.eu/
Facebook: movimentocinquestelle Twitter: Mov5Stelle Instagram: movimento5stelle Youtube: UCQMR0q4wNM8Rbe7W0UlX1jg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Após a súa fundación, o Movemento gañou popularidade escollendo diversos cargos a nivel municipal e rexional, formando un goberno de coalición en Sicília, xuntamente co Partido Democrático. Nas eleccións nacionais de 2013 ao Parlamento Italiano, as primeiras para o M5S, o Movemento acadou o 26% da Cámara de Deputados (a maior bancada en termos de partidos illados) e o 24% do Senado.

O Movemento continuou a medrar en termos electorais, após as eleccións de 2013 consolidándose coma un dos maiores partidos políticos italianos. En 2016, o M5S conseguiu gobernar os concellos de Roma e Turín. Nas eleccións nacionais de 2018, liderados por Luigi Di Maio, o M5S volveu ser o partido máis votado ao conseguir preto do 33% dos votos e 229 deputados. Após meses de impasse e de tensións co presidente italiano, o Movemento conseguiu formar goberno coa Liga Norte, liderado por Giuseppe Conte.

Ideoloxicamente, o M5S é un partido bastante complexo e diverso, sendo un partido de liña populista, euroescéptico e anti-sistema. O Movemento defende a democracia directa e está contra as agresións militares de Occidente en Siria ou Libia. A pesar de ser acusado de ser de dereita pola súa posición anti-inmigración, o Movemento defende políticas tradicionalmente de esquerda coma políticas verdes (ambientalismo) e renda básica. As cinco estrelas representan as cinco prioridades do Movemento: Auga, Medio Ambiente, Mobilidade, Conectividade e Desenvolvemento.