Mouzo, Carnés, Vimianzo
lugar da parroquia de Carnés, no concello de Vimianzo
Mouzo é un lugar da parroquia de Carnés no concello coruñés de Vimianzo. Segundo o IGE tiña 100 habitantes no ano 2018 (50 homes e 50 mulleres).
Mouzo | |
---|---|
Parroquia | Carnés |
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°07′19″N 9°06′46″O / 43.122046340077, -9.1128489389072 |
Poboación | 100 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
É lindeiro co lugar de Cures, da parroquia de Cereixo, tamén do concello de Vimianzo. Entre os dous lugares comparten un monte comunal en man común que abrangue parte da aba oeste do monte Faro. Nese monte en man común sitúase parte dun parque eólico cuxos beneficios permiten soster un local veciñal entre os lugares de Cures e Mouzo.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
editarLugares de Carnés
editarLugares da parroquia de Carnés no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Campolongo | Carnés | A Casiña | A Devesa | Montecelos | Moreira | Mouzo | A Penoubiña |