Moshé Feldenkrais

Moshé Picas Feldenkrais (Slavuta, Imperio Ruso, 6 de maio de 1904 - Tel Aviv, Israel, 1 de xullo de 1984) foi un científico (físico e doutor en ciencias) israelí.

Moshé Feldenkrais
Moshe Feldenkrais.png
Nacemento6 de maio de 1904
 Slavuta
Falecemento1 de xullo de 1984
 Tel Aviv
SoterradoNahalat Yitzhak Cemetery
NacionalidadeIsrael
Alma máterFacultade de Ciencias de París e ESTP Paris
Ocupaciónfísico, judoka, catedrático de universidade e enxeñeiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na súa adolescencia emigrou a Palestina.

Vivir en Palestina e ser xudeu significaba moitas veces a necesidade de defenderse en loitas ou pelexas de vida ou morte. Desenvolveu movementos de autodefensa e escribiu un pequeno libro ensinando técnicas de defensa en ataques con coitelo.

Anos máis tarde, en París, por causa de escribir o libro, coñeceu ao mestre xaponés Jigoro Kano. Este introduciuno no Judo e Feldenkrais converteuse no primeiro europeo en obter o cinto negro, segundo Dan en 1933. Fundou o primeiro club de Judo de Francia por pedido de Kano e escribiu varios libros sobre o tema.

En París, onde residiu a partir de 1928, graduouse como físico e enxeñeiro mecánico e electrónico e obtivo o seu doutoramento na Sorbona de París, mentres traballa no laboratorio Jean Frédéric Joliot-Curie nas primeiras investigacións nucleares. En 1951 Feldenkrais regresou a Israel, onde traballou como director do departamento electrónico do exercito israelí e no Instituto Weizmann como profesor de física. En 1954 comezou a dedicarse exclusivamente a un tema: como desenvolver a capacidade humana de aprendizaxe ou como el o chamaba: "aprender a aprender". Respecto diso declararía anos máis tarde aos seus alumnos:

  • "Vou ser o voso último profesor. Non porque vaia ser o mellor que xamais atopedes, senón porque ides aprender a aprender. Cando o aprendades darédesvos conta de que non hai profesores, que só hai persoas que aprenden e persoas que aprenden a facilitar a aprendizaxe".

Feldenkrais estudou a relación que existe entre o movemento corporal e o xeito de pensar, sentir, aprender e actuar no mundo, establecendo as bases do método de "Autoconciencia polo movemento" e "Integración funcional", que hoxe en día leva o seu nome "o Método Feldenkrais". Este é un sistema único de educación somática, que explora novos patróns de movementos e acrecenta a facilidade e o pracer de moverse ao expandir a autoconciencia. É moi interesante a súa definición de saúde:

  • ..."a saúde mídese polo shock (o impacto) que unha persoa poida recibir sen comprometer o seu sistema de vida. Así, o sistema de vida convértese en criterio de saúde, ... unha persoa sa é aquela que pode vivir os seus soños non confesados plenamente."

Os seus pensamentos e traballos están contidos nos seus libros e en numerosos artigos, conferencias e entrevistas.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Traducidos ao castelán:

  • Autoconciencia por el movimiento – Exercicios para o desenvolvemento persoal. Bos Aires, Paidós, 1980.
  • La dificultad de ver lo obvio. Bos Aires/Barcelona/México: Paidós, 1991.
  • El poder del yo – A autotransformación a través da espontaneidade. Barcelona/Buenos Aires, Paidós, 1993.

Ligazóns externasEditar