Morayo Soluade
Morayoninuoluwa Chukwemeka Soluade, máis coñecido como Morayo "Mo" Soluade, nado o 12 de xullo de 1995 en Londres, Inglaterra, é un xogador profesional de baloncesto internacional británico. Formado na canteira do Unicaja Málaga, cunha altura de 1,96 m xoga na posición de base. Actualmente xoga para os London Lions da British Basketball League.
London Lions | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1995 (34 anos) Londres, Reino Unido |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 90 kg (198 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Canteira | Unicaja Málaga (2011−2013) |
Internacional | Reino Unido |
Carreira | 2013−presente |
Historial de equipos | |
Clínicas Rincón (2013–2016) LEB Unicaja Málaga (2014–2015) ACB Gipuzkoa (2016) ACB San Pablo Burgos (2016−2017) LEB Unicaja Málaga (2017–2018) ACB Legia Warszawa (2018–2019) PLK Leite Río Breogán (2019–2021) LEB Básquet Coruña (2021–2022) LEB London Lions (2022–presente) BBL |
Traxectoria
editarNado en Londres, Soluade chegou a Málaga como júnior de primeiro ano en 2011. Tras a súa formación ascende até o filial do Unicaja Málaga na Liga LEB, o Clínicas Rincón. Na temporada 2014−15 debuta na Liga ACB e na Euroliga, xogando cinco e catro xogos respectivamente. Con todo, a súa falta de oportunidades no primeiro, lévao a asinar polo Gipuzkoa de ACB en 2016. Ao ano seguinte xoga para o San Pablo Burgos, equipo co que consegue o ascenso á Liga ACB. En 2017 regresa ao Unicaja para xogar en ACB. Tras non dispor de moitos minutos viaxa a Polonia para xogar no Legia Warszawa, onde é campión do concurso de mates da PLK. O 26 de xullo de 2019 anúnciase a súa fichaxe polo Leite Río Breogán da Liga LEB.[1]
O 23 de xullo de 2021, anunciouse a súa fichaxe polo Club Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[2]
Clubs
editar- Clínicas Rincón (LEB, 2013–2016)
- Unicaja Málaga (ACB / Euroliga, 2014–2015)
- Gipuzkoa (ACB, 2016)
- San Pablo Burgos (LEB, 2017−2018)
- Legia Warszawa (PLK, 2018–2019)
- CB Breogán (LEB, 2019–2021)
- Club Básquet Coruña (LEB, 2021–2022)
- London Lions (BBL, dende 2022)
Notas
editar- ↑ "Morayo Soluade, físico xuventude e talento para o xogo exterior do Leite Río Breogán". Breogán. 26 de xullo de 2019.
- ↑ "Mo Soluade, do Río ao Leyma". Basquetcoruna.com. 23 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en euroleague.net (en inglés)
- Perfil en acb.com (en castelán)
- Perfil en feb.es (en castelán)